InicioSOCIEDADEO noroeste da Coruña e a Costa da Morte en alerta por...

O noroeste da Coruña e a Costa da Morte en alerta por ondas superiores a 4 metros

Publicada o

Por europapress

O noroeste da Coruña e a Costa da Morte permanecerán durante 24 horas seguidas, entre o domingo e o luns, en alerta metereológica amarela por ondas superiores a 4 metros. Meteogalicia, quen informa o aviso, establece que a alerta se estenderá desde as 15.00 horas do domingo e levantarase á mesma hora ao día seguinte, luns 1 de setembro.

O organismo adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático avisa de que unha borrasca situada ao oeste de Irlanda deixará ondas superiores a 4 metros entre Fisterra e Estaca de Bares.

Ademais, as mesmas zonas da Coruña estiveron en alerta amarela por temporal costeiro, entre as 12.00 e 18.00 horas do sábado, ao esperarse vento de forza sete entre Sisargas e Estaca de Bares.

PREDICIÓN PARA O DOMINGO

Por outra banda, segundo Meteogalicia, a xornada do domingo será de inestabilidade atmosférica, cos chuvascos que van tras o paso dunha fronte fría, que chegará ao final do sábado.

O día transcorrerá entre intervalos de nubes e claros e chuvascos, que serán máis xeneralizados na segunda metade da xornada. Así mesmo, as temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde, con intervalos fortes no extremo norte.

ÚLTIMAS

AMEGA polo 25X: “Informar en galego tamén é facer patria”

Cada 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega reivindicando a nosa identidade,...

A patronal do comercio alimentario pide volver ao diálogo

A Asociación de Supermercados, Autoservizos, Almacenistas e Distribuidores de Alimentación da Coruña (ASAC) fixo...

Desarticulada unha rede que asaltaba creadores de contido dixital

Axentes da Policía Nacional e dos Mossos d'Esquadra desarticularon unha organización criminal asentada en...

A Garda Civil localiza e detén dous fuxitivos nunha terraza

Dous veciños de Carballo, de 24 e 32 anos, sobre os que pesaban ordes...