Segue en loita a ANPA Valle Inclán pola falta de profesorado no CEIP Ramón María del Valle Inclán de Perillo. Este luns 13 a asociación comezou a semana convocando unha nova concentración diante do colexio, á que asistiron familias e profesorado do centro. Trátase do terceiro luns consecutivo dende que a ANPA iniciou estas protestas para que a Xunta dote de máis persoal docente o colexio.

No Parlamento
Pero foi só o comezo dunha semana moi activa. O mércores 15 de outubro, unha delegación da ANPA Valle Inclán, acompañada por representantes da ANPA Ana Lastra López, do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral, asistiu á Tribuna de convidados do Parlamento de Galicia, trala invitación por parte do BNG. O grupo político levou ó pleno parlamentario as solicitudes de melloras en materia de ensino e se falará específicamente do colexio.
Podedes ver as intervencións dos representantes políticos. O Conselleiro Román Rodríguez rexeitou responder e centrouse en críticar ao BNG por buscar “o conflito” “seguindo as directrices da UPG”, “repetindo as mentiras unha e outra vez”, coa única intención de “xerar un mal ambiente”.
A deputada nacionalista Cristina Fernández Davila volvía repreguntar polas medidas que vai tomar a Xunta de Galicia para adecuar as listas, pero Rodríguez volveu acusar ao BNG de “soberbia”, e se limitou a dicir que estamos “nun marco de necesidades infinitas e recursos limitados”, acabando falando de Pedro Sánchez…
Máis mobilizacións
As mobilizacións continúan o xoves 16 de outubro, na Casa do Concello, onde o Alcalde de Oleiros, Angel García Seoane, e a Concelleira de Ensino, María José Santos Zas, recibirán a membros da Xunta Directiva da ANPA Valle Inclán, tras solicitar unha entrevista para tratar a situación do profesorado do noso colexio. Está previsto que asistan tamén membros da xunta directiva da AFA Nós do CEIP Juana de Vega e a ANPA do IES Miraflores..
”Seguimos loitando polo ensino público de calidade e a educación inclusiva da nosa cativada”, aseguran dende a ANPA, que tralo éxito da “Andaina por un ensino público de calidade”, xa están a preparar unha nova manifestación de protesta para o próximo domingo 19 de outubro, que está pendente aínda das autorizacións pertinentes.
”Fora edixgal”
Así mesmo a comunidade educativa busca a saída paulatina dos centros do programa edixgal, que obriga ao estudantado a estudiar con pantallas.
View this post on Instagram
Máis novas
Máis de 300 persoas secundan cunha marcha a denuncia polos recortes nos CEIPs de Oleiros