InicioA CORUÑAO BNG e Sumar tamén denuncian o polémico concurso da Fundación Luís...

O BNG e Sumar tamén denuncian o polémico concurso da Fundación Luís Seoane

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Despois da denuncia realizada no Xornal da Coruña polo concurso dunha praza de directora da Fundación Luís Seoane, e tralas críticas vertidas pola ADACE, a polémica continúa medrando.
Con todo, polo de pronto o Concello, a pesar de que a alcaldesa é a presidenta do Padroado, non quere facer valoracións ao asegurar que non participou no procedemento.

Preguntas do BNG

Tócalle agora lanzar unha pregunta á concelleira do BNG Mercedes Queixas sobre o asunto. A edil rexistrou dúas iniciativas -preguntas por escrito e unha petición de documentación- en relación ao proceso de selección para a provisión dunha praza de director/a substituto/a da Fundación Luís Seoane.

Queixas formúlalle dúas cuestións ao Goberno Local após constatar que na web da fundación se publica unha información “incompleta”, o que non permitiría “coñecer a totalidade do procedemento con plena transparencia”.

En concreto, Queixas quere saber por que na listaxe de persoas admitidas no concurso e nas súas puntuacións “non se recollen as relativas aos epígrafes de ‘Plan de actuación e entrevista’ e ‘Proba de coñecemento’”.

Igualmente, a concelleira nacionalista pregúntalle ao Goberno Local por que razón non se recolleu nas bases da convocatoria do concurso o prazo de reclamacións e/ou alegacións.

Completa as iniciativas de Queixas neste asunto a petición de acceso ao expediente do proceso, incluída a documentación xustificativa dos méritos de cada persoa solicitante e as propostas de plan de actuación, ben como tamén as actas da Comisión de Valoración.

Críticas de Sumar

O Movemento Sumar Coruña denuncia que o recente proceso de selección para a dirección da Fundación Luis Seoane é “unha nova mostra da falta de transparencia, planificación e compromiso real coa cultura por parte do Goberno local de Inés Rey”. Fai mención á denuncia da Asociación de Directoras e Directores de Arte Contemporáneo (ADACE), que advertiu de graves deficiencias no concurso, con prazos exiguos, escasa difusión e dúbidas sobre a equidade do procedemento. Para Movemento Sumar Coruña, este episodio “non é un feito illado, senón o reflexo dun modelo cultural improvisado, sen rumbo e sen garantías públicas, que leva anos debilitando o tecido cultural da cidade”.

A nosa voceira, Trinidad Palacios, lamentou que “o Concello siga tratando a cultura como un escaparate e non como un proxecto de cidade”. Segundo afirmou, “mentres se anuncian as festas de María Pita cun cartel presentado con menos dunha semana de marxe, sen planificación nin implicación das entidades culturais, a Fundación Luis Seoane —institución da que deberamos estar orgullosas, por simbolizar unha das grandes figuras transformadoras da arte e a cultura galegas— continúa nunha situación de abandono e inestabilidade”.

Sinálase tamén que a Fundación Luis Seoane acumula anos de problemas: “filtracións no edificio, deficiencias de conservación, informes que cuestionan parte do seu fondo artístico e agora un concurso de dirección que non garante nin transparencia nin concorrencia real. “Non vale con ter máis orzamento se se gasta sen planificación nin criterio. A cultura non pode seguir sendo propaganda: é identidade, patrimonio e futuro”, subliñou Palacios.

Movemento Sumar Coruña esixe unha revisión inmediata do proceso de selección da Fundación Luis Seoane e a posta en marcha dun modelo estable e profesional de xestión cultural pública, con criterios claros, contratos transparentes e control cidadán. “A cultura coruñesa precisa estabilidade, participación, asesoramento profesional de calidade, tal como esixen as boas prácticas (Adace) e un compromiso real co talento e co patrimonio da cidade. Non máis improvisación nin clientelismo: hai que coidar o que somos, e a Fundación Luis Seoane é parte esencial da identidade colectiva de Galicia”, concluíu Trinidad Palacios.

Máis novas sobre o caso

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

ADACE cuestiona “a equidade do concurso e a confianza na gobernanza da Fundación Luís Seoane”

 

ÚLTIMAS

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

Detido na Coruña un home acusado de malos tratos tras un altercado cos seus fillos

Un home foi detido na madrugada deste domingo na Coruña por un delito de...

Silvio Rodríguez fai cantar ao Coliseum da Coruña nun reencontro co público galego

O Coliseum da Coruña encheuse por completo na noite deste sábado para recibir de...

Unha explosión nun quentador deixa ferida a unha muller

Unha muller resultou ferida de carácter leve tras rexistrarse unha explosión no quentador da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here