InicioA CORUÑAO Tribunal Supremo admite a trámite o recurso contra a instalación da...

O Tribunal Supremo admite a trámite o recurso contra a instalación da AESIA na Coruña

Publicada o

Por monchomarino

O Tribunal Supremo admitiu a trámite o recurso presentado pola Asociación Sociedade civil de Granada Xuntos por Granada contra o acordo do Consello de Ministros do pasado 5 de decembro polo que se determinou que A Coruña sexa a sede física da futura Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia) e reclamou ao Goberno que remita o expediente administrativo correspondente a este asunto.

Nunha dilixencia de ordenación datada este pasado mércores, á que tivo acceso Europa Press, a Sala Terceira do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo ordena que se tramite o citado recurso e, en consecuencia, que se requira ao Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática para que remita no prazo “improrrogable” de 20 días, o expediente administrativo.

Xunto a iso, acórdase a formación dunha peza separada de medidas cautelares, despois de que a asociación granadina solicitase a suspensión cautelar da designación da Coruña como sede da axencia ata que se resolva este procedemento, segundo consta na citada resolución, contra a que cabe interpor recurso de reposición ante a letrada da Administración de Xustiza no prazo de cinco días.

No seu recurso, consultado por Europa Press, o colectivo reclama que se declare a invalidez e consecuente anulación da adxudicación da sede da Aesia por entender que A Coruña “non ofrecía nin o mellor proxecto nin a mellor puntuación posible a obter polos concursantes, a tenor dos criterios establecidos polo Real Decreto polo que se establece o procedemento”.

De entre as 16 cidades que presentaron candidatura para albergar esta sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial, o Consello de Ministros escolleu á Coruña, unha decisión que tamén vai recorrer o Concello de Granada, que traballa cos seus servizos xurídicos, en coordinación cos doutras institucións como a Xunta de Andalucía, no anuncio do recurso ante o Supremo.

A xuízo de Juntos por Granada, A Coruña foi seleccionada “por considerarse, só pola opinión da ministra do ramo, que era a que mellor se adecuaba aos requisitos establecidos polo decreto”, a pesar de que polos motivos expostos no ditame da comisión consultiva débese concluír, segundo sosteñen, que a candidatura granadina era “a de maior nivel en todos os conceptos”.

Este colectivo expón así que a decisión do Goberno, que ao seu xuízo veu “inducida” pola ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño –de orixe coruñesa–, presuntamente vulnerou as normas que regulaban regladamente o procedemento e determinou a “resolución arbitraria do concurso”, motivo polo que cren que este acto “está viciado de graves irregularidades invalidantes”.

No recurso recálcase que “de modo ineludible” o Real Decreto do 22 de marzo polo que se establece o procedemento para a determinación das sedes físicas das entidades pertencentes ao sector público institucional estatal e créase a comisión consultiva para a determinación das sedes, estableceu o procedemento que resulta de aplicación neste caso a fin de iniciar un procedemento que facilitase que a elección “se guiase pola transparencia, a obxectividade e a adaptación ás necesidades da institución”.

E defenden que a cidade de Granada debe resultar “pola súa maior excelencia” a adxudicataria da sede física da nova Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial en virtude do disposto no citado Real Decreto.

ÚLTIMAS

Richi Casás: “Rosa e Adolfina non teñen nada de especial, iso é o importante”

- "Que teñen de especial Rosa e Adolfina, escollidas como as principais homenaxeadas polo...

Os socialistas de Cambre presentan candidato á Alcaldía tras dimitir a alcaldesa

O portavoz do grupo municipal socialista no Concello de Cambre, Diego Alcantarilla, anunciou que...

Máis de 2.000 sanitarios da Coruña-Cee esixen un protocolo de seguridade “específico” ante agresións a persoal

Un total 2.214 traballadores sanitarios da área A Coruña-Cee asinaron un escrito no que...

O traslado dos murais de Urbano Lugrís: complexo e de custo moi elevado para a Xunta

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, ratificou sobre o futuro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here