InicioCULTURAManuel Casal Lodeiro presenta en Berbiriana o seu último e crítico libro...

Manuel Casal Lodeiro presenta en Berbiriana o seu último e crítico libro sobre a transición enerxética

Publicada o

Por Redacción
Este xoves, 30 de outubro ás 19:00 horas, Manuel Casal Lodeiro, o coordinador do Instituto Resiliencia e de 15/15\15, revista para unha nova civilización presentará na libraría Berbiriana da Coruña o seu último ensaio “Las verdades incómodas da transición enerxética” na que estuda con erudición, certeza e claridade todas as eivas e mentiras que se agachan tras as falsas solucións as crises (climática, enerxética, de materiais) que cercan a nosa civilización.
No ensaio achega propostas para paliar, na medida do posíbel, esas crises dende posicións decrecentistas e realistas.
Podedes pasar tamén polo blog do autor casdeiro.info.
Libro Manuel Casal Lodeiro

ÚLTIMAS

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here