InicioCAMBREReiteran os eternos problemas do transporte público metropolitano

Reiteran os eternos problemas do transporte público metropolitano

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ir de pé en conexións interurbanas, quedar en terra, esperar e esperar retrasos ou simplemente buses que non pasan… Son circunstancias habituais dos usuarios do transporte público da área metropolitana da Coruña. Así o denuncian centos de usuarios e usuarias que sofren cada día o pésimo servizo e así o traslada, unha vez máis, o Concello de Oleiros á Xunta de Galicia, que ten as competencias na materia en todos os concellos de menos de 50.000 habitantes.

En novembro do pasado ano, o Concello de Oleiros reclamou por escrito á Xunta diversas melloras para o transporte público que continúan sen ser atendidas. Entre outras, o Concello demanda prolongar a liña Entrexardíns-O Seixal ata a Igrexa de Nós; implementar novas liñas para atender as zonas de Franzomel, Abeleiras e Xaz; crear unha liña circular entre Perillo e a Universidade; e reforzar as liñas principais, cando menos en horas punta: as que cubren Dexo, Serantes, Maianca, Dorneda, Liáns e Perill; e a de Oleiros, Montrove e Perillo.

Pero ante as queixas, a Xunta insiste en afirmar que “o sistema detectou correctamente a prestación do 99,5 % dos servizos previstos”. Uns datos que evitan afrontar o problema da calidade do servizo, ofrecendo unha política coa que só se beneficia á empresa concesionaria, xa que nin se ofrece unha calidade mínima nin se atende ás necesidades de desprazamentos da cidadanía

O luns da próxima semana está prevista unha reunión entre Xunta e Concello. “No caso de que o Goberno autonómico persista na súa actitude de ignorar o clamor cidadán para que se mellore o transporte na comarca coruñesa, desde Oleiros farase un chamamento a todos os concellos para organizar unha mobilización conxunta na que esixir á Xunta de Galicia que cumpra coas súas obrigas en materia de transporte”, aseguran.

 

ÚLTIMAS

500.000€ para a Vía Ártabra nos Orzamentos da Xunta 2027: “Non dá nin para reactivar o proxecto”

A historia da Vía Ártabra é para facer un libro. Dende 2001 se proxecta...

Inés Rey ve unha “desfachatez absoluta” nos orzamentos da Xunta para A Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "desfachatez absoluta" as partidas...

A Coruña recupera ás “Cigarreiras” da man da Banda Municipal de Música da Coruña e Cántigas da Terra

Presentouse hoxe a xira galega de ‘As Cigarreiras’, o grande espectáculo musical e teatral promovido...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here