InicioDEPORTESSaíu cruz

Saíu cruz

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • 13º partido de Óscar Cano (8V+3E+3D); a 4 puntos do líder Alcorcón

——

Nesta lotería quincenal que son os partidos fóra da casa do Depor, onte saíu cruz. Tiramos a moeda ó aire e esperamos a ver o que sae. Cousa incrible o deste equipo cando lle toca viaxar lonxe de Riazor. Onte o Dépor fixo todo o malo que se ten que facer para non gañar.

Cedeu un penalti ridículo ante un rival que estaba sendo mellor que el, nun campo onde era complicado xogar por dimensións e polo estado da herba, cun rival que loitaba os balóns cas gañas dos que necesitan puntuar. Todo isto nun domingo no que gañar era imperativo.

O fútbol é un estado mental. Sinxelo, pero é así. Logo ten unha compoñente física, de talento e de sorte, pero basicamente todo o bo que che pasa é pola mentalidade coa que pelexas o teu obxectivo. Así se explica que Uruguai gañara en Maracaná en 1950, o Centenariazo do Depor ou que o Leicester gañara a Premier hai uns anos. Este triunfos, con todo en contra, explícanse pola fortaleza mental. O Depor é un equipo moi débil mentalmente polo carácter apagado dos seus xogadores. Falta liderato, falta tensión competitiva e falta xestionar emocións.

Así, de novo, temos que falar de oportunidade perdida. Nun partido terrible de ver, facendo o máis difícil que é remontar fóra da casa, tiras os tres puntos cando máis os necesitabas. Non se poder crer que coñecendo que o Córdoba perdera e que o Alcorcón empatara, o Depor saia como saíu onte a xogar. Sen xogar nada de nada en 45 minutos, sen chegadas claras, facendo forte ó rival na súa casa onde levaba tres meses sen gañar. Temos que deixar de tirar a moeda, para comezar a crer que o liderato é posible.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

Máis crónicas do Dépor

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Sada por vulneración de liberdade sindical tras unha denuncia da CIG

O Xulgado do Social número 1 da Coruña condenou ao Concello de Sada por...

A Real Academia Galega presenta á alcaldesa Inés Rey os proxectos do novo curso académico

Representantes da Real Academia Galega (RAG) reuníronse este martes coa alcaldesa da Coruña, Inés...

Máis de cen actividades educativas municipais abertas para este curso escolar

O inicio do novo curso escolar, coincide tamén coa posta en marcha máis de...

A Xunta autoriza investimento no contrato de xestión enerxética de centros da área sanitaria da Coruña

O Consello da Xunta autorizou onte, na súa reunión semanal, o expediente de contratación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here