InicioCULTURAO Museo de Belas Artes e as entidades da cidade convirten a...

O Museo de Belas Artes e as entidades da cidade convirten a arte en elemento de inclusión

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Presentouse esta mañá de venres no Museo de Belas Artes a exposición colectiva realizada entre artistas e entidades sociais da cidade. “Identidades, as artes para a inclusión social” é un proxecto artellado polo propio Museo e a Asociación de Amigos do Museo, que se desenvolveu durante o outono do pasado, onde artistas impartiron diferentes obradoros creativos con persoas vulnerables de diferentes colectivos.

O artista árabe afincado en Monte Alto, Ali Ali, por exemplo, estivo pintando coas persoas en réxime de semiliberdade do Centro de Inserción Social; Víctor Ares fixo porcelana coa xente do Centro Ocupacional Pascual Veiga; Manel Cráneo debuxou varios cómics coas usuarias da Fundación Érguete; Raúl Álvarez pintou lenzos con migrantes da Cruz Vermella; Iria do Castelo fixo gravado tamén con migrantes do colectivo Ecos do Sur; Susana Anta aprendeulles cerámica ás persoas sen fogar do Fogar de Santa Margarita; Xurxo Fernándes uniu os cantes tradicionais galegos cos senegaleses de Ecodesarrollo Gaia; Tatiana Medal fixo acrílio coa xente da Cruz Vermella; Manuel Suárez pintou coas persoas da Fundación Juan Soñador, e Lara Pintos fixo acrílico tamén coas persoas residentes no Fogar Sor Eusebia.

Tamén a polaca do Ensanche Gosia Trebacz pintou o rap cos internos do Centro Penitenciario de Teixeiro, que non puideron saír a esta presentación pero que si quixeron enviar un vídeo en clave de rima. Foi unha das proxeccións realizadas durante a presentación, acompañada da curta “La cicatriz”, sobre violencia de xénero, realizada polos Amigonianos coa axuda da cineasta Ángeles Huerta.

Exposicion de Usuarios do CIS
Imaxe das creacións realizadas polos usuarios do CIS con Ali Ali

O resultado é unha fermosa e singular exposición, feita por pesoas vulnerales, que descubriron que a arte pode ser un fabuloso elemento inclusivo e de aprendizaxe interior e colectiva.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

ÚLTIMAS

O BNG rompe o acordo de investidura co PSOE na Coruña a uns meses das eleccións municipais

Veñen avisando dende hai meses, e hoxe a portavoz do grupo municipal do BNG na...

Inés Rey insiste nunha área metropolitana de taxi: “A realidade actual é supramunicipal”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a creación dunha área de prestación conxunta...

O PP da Coruña tacha de “mar de cemento” a reforma dos Cantóns

O portavoz municipal do PP da Coruña e candidato á Alcaldía, Miguel Lorenzo, instou...

O Concello pon na Xunta a responsabilidade do deterioro dos centros de ensino

Continúa amosándose o enfrontamento directo entre Xunta e Concellos, neste caso o da Coruña,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here