InicioECONOMÍAO mar da Coruña revólvese ante o Regulamento Europeo de Control

O mar da Coruña revólvese ante o Regulamento Europeo de Control

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Entre bocinas e bengalas (sempre son moi vistosas as manifestacións do sector) xentes do mar de toda a provincia da Coruña, manifestáronse esta mañá de luns 19 de xaneiro no Parrote. Coincidindo co comezo oficial da folga indefinida, patróns, mariñeiros, representantes das confrarías… dende Ferrolterra ata a Costa da Morte, amosaron o seu rexeitamento ante a posta en vigor do novo Regulamento Europeo de Control.

Mentres algúns representantes do sector estaban tamén en Madrid, concentrándose diante do Ministerio para meter presión coincidindo coa reunión entre Basilio Otero, o presidente da Federación Nacional de Cofradías, cos responsables do goberno central; o Parrote asistía a unha concentración histórica. “Anda o palangre liado, como se soe dicir no mar”, bromeaban os mariñeiros.

Por mar entraban na ría a son das bocinas, unha vintena de embarcacións da Coruña, Pontedeume, Sada, Lorbé, e mesmo de Laxe. Por terra daban a benvida a golpe de bughina mariñeiros de Malpica, Corme, Laxe, Camariñas, Camelle, Corcubión, Ferrol, Barallobre, Mugardos, Sada…

As demandas

Explicaban o patrón maior de Corme, Roberto Vidal, e o de Laxe, Luís Novo, a problemátixa xurdida con este novo regulamento, que xa provocara unha folga en 2021 cando se anunciara.

O novo Regulamento, imposto dende a Unión Europea, para engadir ao Diario Electrónico de A Bordo (DEA), implica dúas medidas concretas absolutamente insostibles para a pesca de baixura: a imposibilidade de pesar a bordo con precisión, o que pode provocar sancións de 3.000€ (precisamente ese exceso de celo nas sancións é outras das queixas do sector), ou de ata 36.000€ como lle tería ocorrido a un patrón costeiro o primeiro día da posta en vigor por variacións nas pesadas, segundo explicaba Vidal.

Ademais, dende Corcubión Pepe Buiturón valoraba o outro punto: “avisar con 4 horas de antelación a chegada a porto, para uns barcos que traballan a media hora de distancia, é un castigo totalmente inorportuno que non ten sentido. Estar esperando e mandando datos durante 4 horas para entrar a porto, é un despropósito”, sinalaba, “Pensan os ladróns que todos son da mesma condición”, tiraba de refraneiro para referirse aos políticos que deciden dende os despachos estas medidas.

Precisamente ese “despacho”, é unha das palabras máis manidas durante a concentración, con mariñeiros, representantes e demais, invitando aos artífices destas esixencias a pasar un día no mar para explicar como se pode pesar no mar con precisión, ou como se poden enviar as capturas ou a hora de chegada con exactitude cando ven unha repentina vaga de mar.

Esta tarde, concentración en Corcubión

Esta tarde, ás 16:00h, o sector da Costa da Morte está chamado a concentrarse en Corcubión.

Manifestacion mar

Máis novas

A pesca de baixura realizará o luns unha manifestacion marítima e por terra no Parrote

Xavi Mariñas, sobre Coruña Marítima: “Imos quedar cun porto dedicado só ao tráfico turístico como Dubrovnik”

 

ÚLTIMAS

O premiado proxecto lingüistico co CEIP Sagrada Familia, exemplo normalizador do Lx15

Mariña Lema é natural de Cabana, pero leva un par de anos dando clases...

Dous detidos, con ingreso en prisión para un deles, por roubar e agredir a un taxista na Coruña

Dúas persoas foron detidas na Coruña, decretándose ingreso en prisión para un deles por...

Liberada unha persoa tras unha colisión entre un camión e un coche en Bergondo

Os bombeiros liberaron a unha persoa tras unha colisión entre un camión e un...

A Coruña presenta en Fitur a súa estratexia turística para 2026

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentará na Feira Internacional de Turismo (Fitur) 2026...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here