InicioSOCIEDADENova voadura nas obras de acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña

Nova voadura nas obras de acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña

Publicada o

Por europapress

As obras do acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña continuaron nesta xornada cunha nova voadura, que se levou a cabo con éxito, sen apenas incidencias no tráfico, segundo informaron a Europa Press desde a Autoridade Portuaria.

Esta non é a primeira voadura xa que se fixeron outro seis antes pero si a que afectou o tráfico, á marxe do viario que leva ao porto exterior, aínda que só uns minutos.

Así o explicaron desde o organismo portuario coruñés en relación aos traballos que se acometen. Ademais, dixeron que se farán outras “tres ou catro máis en febreiro”.

Por motivos de seguridade, o traballo desta xornada esixiu cortar o tráfico, en ambos os sentidos, na autoestrada AG-55, entre os puntos quilométricos 4+550 e 5+350; a AC-15 na ligazón coa AG-55 e a estrada AC-552, entre os puntos quilométricos 3+100 e 3+900.

ÚLTIMAS

FAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa do transporte metropolitano

Incide de novo na lamentable situación do transporte metropolitano a Federación de Asociacións Veciñais...

A CRMH da Coruña cede o seu arquivo audiovisual á Deputación para a súa dixitalización

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) vén de formalizar a...

“Moito beneficio, o noso sacrificio”, decenas de traballadores do sector financeiro protestan para reclamar mellores condicións laborais

A Federación de Servizos de Comisións Obreiras (CC.OO.) mobilizouse este xoves na Coruña para...