InicioCULTURAO Nonviolencia Activa Fest arrinca este sábado no Ágora

O Nonviolencia Activa Fest arrinca este sábado no Ágora

Publicada o

Por Redacción
A terceira edición do Nonviolencia Activa Fest está en marcha. Organizado por Mundo Sen Guerras e Sen Violencia A Coruña, trátase dun encontro cultural que combina artes plásticas e música en directo para reivindicar a paz, os dereitos humanos e o compromiso colectivo fronte a todas as formas de violencia.
O festival arrinca este sábado 14 de febreiro no Centro Social Ágora da Coruña, cunha mostra de 11 artistas que reunirá diferentes miradas, linguaxes e sensibilidades artísticas. A exposición incluirá cadros de distintos estilos e técnicas, ofrecendo unha experiencia plural e enriquecedora para o público. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.

Tras a inauguración da exposición, terá lugar a gala do festival, coas actuacións de Belém Tajes, Feral Booty, Misuria Blues e Planète Sauvage, nunha celebración aberta ao público que une creación artística e activismo.

A exposición contará con obras de Roke Armas, Chelo Facal, Alberto Franco, Begoña Pastoriza, Roiayer, Lola Saavedra, Bego Tojo, M. Touzón, Gosia Trebacz, Nena Ventura e Xulia Weinberg. Todos e todas elas son artistas recoñecidos en Galicia non só polo seu talento e creatividade, senón tamén polo seu constante compromiso coa arte, coa cultura e coa difusión da noviolencia.

A presentación da mostra realizarase ás 17:30 horas, de man de M. Touzón e Chelo Facal, nunha visita guiada que permitirá coñecer de primeira man o espírito do festival e as intencións das obras. O montaxe e deseño da exposición corren a cargo de Gosia Trebacz, e a mostra poderá visitarse durante unha semana no Centro Social Ágora, ofrecendo a oportunidade de achegarse á creación artística comprometida coa noviolencia.

A exposición do Nonviolencia Activa Fest non só amosa o talento individual de cada artista, senón tamén o poder da colaboración e do encontro. É unha invitación a reflexionar sobre outras formas de relación, de creación e de convivencia, onde a arte se converte nunha ferramenta de transformación social e emocional.

ÚLTIMAS

Detida unha muller en Culleredo como presunta autora dun delito de furto de xoias, por valor de 10.000 euros

A Garda Civil de Culleredo detivo a unha muller como presunta autora dun delito...

Monte Mero contará con 4.397 vivendas e un investimento autonómico de 66 millóns

O barrio coruñés de Monte Mero contará con 4.397 vivendas, das cales 3.521 (un...

Identifican os autores de novas verteduras en Culleredo de material dun taller e un restaurante

A Policía Local de Culleredo identificou aos responsables de tres novas verteduras incontroladas de...

Evacuado en helicóptero ao CHUAC un tripulante enfermo do cruceiro ‘Spirit of Adventure’

Un tripulante do cruceiro 'Spirit of Adventure' tivo que ser evacuado de urxencia ao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here