InicioSOCIEDADEO Club de Leóns da Coruña Decano entrega 3.000 kg de alimentos...

O Club de Leóns da Coruña Decano entrega 3.000 kg de alimentos ao Banco de Alimentos

Publicada o

Por Redacción

O Club de Leóns A Coruña Decano fixo entrega de 3.000 quilogramos de alimentos ao Banco de Alimentos da Provincia da Coruña, atendendo ás necesidades máis urxentes detectadas pola entidade benéfica.

A doazón inclúe arroz, leite e legumes precociñadas, produtos básicos de alto valor nutricional e gran demanda entre as familias beneficiarias. Con esta acción, o Club reafirma o seu compromiso coa loita contra a fame, unha das súas prioridades fundamentais dentro do seu labor social.

Esta iniciativa foi posible grazas á xenerosidade das persoas que colaboran co Club mediante a compra de artigos no seu anciño solidario, situado na Avenida de Alfonso Molina nº 2, así como a través de doazóns directas. A solidariedade da cidadanía volve demostrar que o compromiso colectivo é clave para dar resposta ás necesidades máis urxentes da nosa contorna.

ÚLTIMAS

“Moito beneficio, o noso sacrificio”, decenas de traballadores do sector financeiro protestan para reclamar mellores condicións laborais

A Federación de Servizos de Comisións Obreiras (CC.OO.) mobilizouse este xoves na Coruña para...

A Xustiza filipina aprecia probas contra os policías acusados de Diego bello e rexeita arquivar o caso

Xustiza filipina rexeitou arquivar o caso pola morte do coruñés Diego Bello, ocorrida o...

A AMEGA achegou a realidade dos Medios en Galego ao alumnado de Ciencias da Comunicación da UD

Interesante xornada de reflexión sobre o panorama actual dos medios de comunicación acollía esta...

Obdulia Taboadela encabezará finalmente a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here