InicioA CORUÑA28 nenos e nenas esperan novas familias acolledoras na Coruña

28 nenos e nenas esperan novas familias acolledoras na Coruña

Publicada o

Por Redacción

Fai campaña estes días a Cruz Vermella para espallar a necesidade do Programa de Acollemento Familiar en Galicia. Un programa esencial na protección da infancia, que favorece que nenos, nenas e adolescentes que non poden estar cos seus pais e nais porque non están nas condicións idóneas para o seu coidado, teñan un fogar temporalmenten gracias ás salvadoras e altruístas “familias acolledoras”.

A entidade fai balance da atención durante 2025, no que foron 138 familias as que estiveron acollendo nalgún momento do ano na Coruña (255 en Galicia) e proporcionando agarimo, protección e coidados a 301 nenos, nenas e adolescentes que o necesitaron mentres as súas familias de orixe solucionan os problemas que lles impiden facerse cargo deles e elas.

Así mesmo, o ano pasado iniciáronse 75 novos acollementos e, nestes casos, o 73% dos menores acollidos tiñan menos de 6 anos. Este dato reflicte a importancia do acollemento para garantir contornas familiares estables desde as primeiras etapas da vida evitando o ingreso dos máis pequenos nun centro de protección.
Outro dato importante é que 89 nenos, nenas e adolescentes finalizaron o seu acollemento e os motivos son diversos e van desde a reintegración familiar á adopción.

Máis familias acolledoras

Con todo, outros 73 menores aínda están á espera de acollemento en Galicia, un total de 28 nenos e nenas na provincia da Coruña, entre os que se atopan adolescentes, nenos con necesidades especiais e grupos de irmáns.

Isto significa que sempre hai casos aos que dar resposta polo que tamén é necesario ampliar a rede de familias acolledoras de Cruz Vermella en Galicia, de maneira que cantas máis incorporacións haxa, máis posibilidades de contar coa alternativa idónea para cada neno ou nena. Actualmente esta rede está formada por 316 familias acolledoras a nivel autonómico (152 na provincia da Coruña) e o seu papel é fundamental para garantir coidados seguros, afecto e estabilidade.

Por iso, Cruz Vermella realiza un chamamento á cidadanía para que se informe sobre o acollemento familiar e se anime a dar o paso.

Familias alleas

Cruz Vermella céntrase nos acollementos en familia allea, é dicir, os acolledores e acolledoras son persoas que non teñen unha relación de parentesco cos menores. O obxectivo principal é protexer o dereito de todos os nenos, nenas e adolescentes a vivir e crecer nunha familia, como o mellor contexto para o seu crecemento persoal, a súa formación en valores sociais e as súas perspectivas de futuro.

Reunións informativas

Proximamente, celebraranse 6 sesións informativas en Galicia para dar a coñecer os detalles do programa entre as persoas interesadas. Estas charlas terán lugar nas sedes de Cruz Vermella nas seguintes localidades e datas:

  • Pontevedra de luns 23 de 17:00 a 19:00 h
  • A Coruña de martes 24 de 15:30 a 17:30 h
  • Santiago de martes 24 de 16:00 a 18:00 h
  • Lugo de martes 24 de 10:00 a 12:00 h
  • Ourense de martes 24 de 12:00 a 14:00 h
  • Vigo de martes 24 de 12:00 a 14:00 h

As persoas interesadas no acollemento familiar, poden contactar con Cruz Vermella: familias.acolledoras@cruzroja.es – 900 812 880, no WhatsApp 607 049 695
ou premendo aquí.

ÚLTIMAS

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor...

Os Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade no transporte metropolitano

Convocaba unha reunión esta mañá dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e...

O loteiro que se apropiou dunha primitiva podía cobrala sen entregar o boleto

O presidente da Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE) en 2012,...

Os médicos galegos volven á folga para alcanzar un convenio propio

Despois do acordo chegado hai varias semanas na Atención Primaria tras varios meses de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here