InicioA CORUÑAO xuízo polo apuñalamento mortal na Coruña de Yoel Quispe comezará o...

O xuízo polo apuñalamento mortal na Coruña de Yoel Quispe comezará o 1 de xuño na Audiencia Provincial

Publicada o

Por europapress

O xuízo polo apuñalamento mortal do mozo Yoel Quispe, na Noiteboa de 2023 na Coruña, celebrarase do 1 ao 19 de xuño na sección segunda da Audiencia Provincial desta cidade, segundo confirmaron a Europa Press fontes xudiciais. Será despois de que o Xulgado de Instrución número 1 da Coruña decretase a apertura de xuízo oral por asasinato para o tres acusados pola morte de Yoel Quispe, o mozo de 22 anos apuñalado mortalmente na Noiteboa de hai dous anos.

Fronte á postura da Fiscalía, con petición de 14 anos de prisión por homicidio para o único mozo que está no cárcere e de sobresemento da causa para outros dous, a familia defendeu desde o inicio que os tres debían ser xulgados por asasinato.  En relación ao seu grao de implicación, o avogado da familia de Yoel Quispe, Adrián Borrajo, considera autor material do asasinato ao mozo que está en prisión e cooperador necesario ao que, segundo esta parte, “levaba a navalla e facilítalla” ao anterior, con implicación tamén dun terceiro.

Así o recolle tamén o auto que sitúa ao presunto autor da puñalada mortal como autor de asasinato; ao segundo como cooperador necesario dun delito de asasinato e ao terceiro como encubridor deste mesmo delito, o que supón unha variación das penas, de até 25 anos de prisión para os dous primeiros, segundo o letrado, e de tres anos para o terceiro. A postura das defensas no procedemento foi, mentres, reclamar o sobresemento. Finalmente, no auto, a titular do xulgado de instrución acordou decretar a apertura de xuízo oral, con Tribujal do Xurado, por asasinato, como expuña a familia, e non por homicidio, como solicitaba o Ministerio Público para un deles.

ÚLTIMAS

Con permiso de la autoridad eclesiástica, premio á mellor cutrometraxe no Intersección da Coruña

Intersección, o Festival Internacional de Cine da Coruña, deu a coñecer o palmarés da...

O cirurxián Diego González Rivas, protagonista do cuarto podcast de Rueda

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha conversa co cirurxián coruñés Diego González...

Tres coches calcinados esta noite na Coruña, sen persoas feridas

Tres vehículos que estaban estacionados arderon na madrugada deste domingo na Coruña. Non houbo...