InicioSOCIEDADEArrinca hoxe a folga de médicos despoide que a Xunta rompese un...

Arrinca hoxe a folga de médicos despoide que a Xunta rompese un principio de acordo

Publicada o

Por Redacción

Máis de 3.000 médicos están chamados ao paro indefinido a partir de hoxe luns 2 de marzo en todos os centros de Saúde da Atención Primaria. Así acontece despois do cambio de postura da Xunta, que o pasado xoves decidiu dar marcha atrás e romper o principio de acordo que alcanzara con O´Mega- o sindicato maioritario entre os médicos e facultativos galegos- e que condenará aos usuarios da Sanidade pública a sufrir as consecuencias dunha folga indefinida que comezará o luns en todos os centros de Atención Primaria de Galicia.

Segundo as primeiras cifras ofrecidas por O’Mega, o 71% do persoal facultativo secunda a folga indefinida.

Que salga Rueda

Ante a “incompetencia dos negociadores da Consellería de Sanidade- que recoñeceron ante O ́Mega que non podían asumir ningún compromiso sen obter o visto e prace de Facenda- para o sindicato “é necesario que Alfonso Rueda asuma a súa responsabilidade como presidente da Xunta e tome cartas no asunto para resolver un conflito xa estaba en vías de solución”.

A negociación

A do xoves foi unha reunión de 7 horas, na que se tratou de negociar un acordo que permitise a desconvocatoria do paro de médicos e facultativos de Atención Primaria e chegaron a un principio de acordo sobre o número de pacientes que podería atender un médicos durante a súa xornada laboral. A Consellería de Sanidade propuña que este número de pacientes se limitase a 35 e os representantes sindicais esixían un límite de 30, aínda que finalmente ambas partes chegaron a un acordo para fixar o límite en 33.
A continuación ambas partes pasaron a negociar as condicións nas que se atendería a sobredemanda de pacientes, entendida como todos aqueles que superasen o límite acordado, pero nese punto os representantes da Consellería de Sanidade recoñeceron que non podían asumir ningún compromiso sen consultar antes con outro departamento da Xunta, neste caso o de Facenda, e esixiron a O´Mega a suspensión da convocatoria da folga sen chegar a ningún acordo ao respecto.

O sindicato reclamou continuar as negociacións para alcanzar un acordo que permitise suspender o paro, pero entón a Consellería de Sanidade deu marcha atrás e rompeu o principio de acordo alcanzado sobre a limitación de pacientes.

O´Mega considera “irresponsable a postura da Xunta, que esperou ata o último momento para negociar a suspensión dunha folga que foran xa anunciada o 2 de febreiro e cuxas consecuencias sufrirán miles de galegos”.

Ademais, entenden que a ruptura do principio de acordo alcanzado sobre a limitación de axendas médicas supón un desprezo ao labor dos facultativos, que xunto cos usuarios da Atención Primaria serán os principais prexudicados por unha folga que a Consellería de Sanidade non quixo evitar.

O´Mega afirma que manterá ata o último minuto a súa disposición a negociar un acordo de mínimos que permita suspender o paro sempre que a Administración asuma un compromiso concreto coas reinvindicacións dos médicos para mellorar a calidade da Sanidade Pública galega.

Máis novas das folgas da sanidade pública

Os médicos consideran irresponsable que o conselleiro se negue a negociar para evitar unha nova folga en Galicia

 

ÚLTIMAS

O Festival #Aquítaménsefala colle sona internacional

Non deixa de medrar a campaña #Aquítaménsefala, convertida xa nun referente europeo da dinamización...

‘Nin alugueres polas nubes nin salarios polo chan’, protesta na Coruña para esixir o fin da especulación urbanística

A Plataforma Polo Dereito á Vivenda convocou unha manifestación este sábado, día 6, na...

Paraugas e sinaturas para quecer a manifestación polos Murais de Lugrís

Contan as horas as entidades da cidade máis preocupadas polos murais de Urbano Lugrís...

O porto da Coruña recibe este mércores catro cruceiros simultáneos con máis de 14.000 persoas

O porto da Coruña rexistrará este mércores unha das xornadas máis intensas da tempada...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here