InicioBARRIOSAs bravas de Morán inauguran o programa Agra no Ágora

As bravas de Morán inauguran o programa Agra no Ágora

Publicada o

Por editor

Este mércores, 8 de febreiro, ás 20:15 h, a Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “AGRA” estrea o programa Agra no Ágora de 2023. Faino coa obra “As fillas Bravas de Momán”, da compañía teatral Chévere, nun novo festival de artes escénicas para o mes de febreiro no auditorio do Centro Ágora.

AS FILLAS BRAVAS son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai; viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen para reafirmar modelos de muller vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva.

Todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra. Non é preciso reservar entrada; as localidades vanse ocupando por orde de chegada. Cómpre chegar con antelación porque ás 20:15h pecharanse as portas do auditorio.

ÚLTIMAS

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

Un home agride na Coruña a dúas técnicas de emerxencias e a un vixiante do Chuac

Un home agrediu na Coruña a dúas técnicas do servizo de emerxencias 061 e...

Morre un detido nunha operación antidroga nos calabozos da Garda Civil en Lonzas

Unha persoa detida e que se atopaba nos calabozos da Comandancia da Garda Civil...

O Centro de Arte FMJJ abre á cidadanía o seu novo espazo cultural na súa sede da Grela

Gaña un novo espazo cultural a cidade da Coruña. Se en 2018 perdía o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here