InicioCULTURAAta Beethoven trae doazóns para o Banco de Alimentos

Ata Beethoven trae doazóns para o Banco de Alimentos

Publicada o

Por Redacción

Gran éxito o colleitado na conferencia-concerto “Unha tarde con Beethoven”. Unha iniciativa artellada polo Club de Leones da Coruña en beneficio do Banco de Alimentos, enmarcado no programa “Cultura pola comida” e organizado en colaboración co Conservatorio de Música da Coruña (CMUS), que encheron o auditorio de Afundación.

Máis de 2.000 € foron recadados para a comprometida entidade, que tanto fai pola xente con necesidades da nosa cidade.

A conferencia foi impartida por Mercedes Carreras Viñas, enfermeira xubilada, profesora de música e experta en musicoloxía, que ofreceu unha fascinante viaxe pola vida de Ludwig van Beethoven, contextualizando a súa biografía dentro do ámbito histórico, social, familiar e cultural que marcou a súa carreira.

O evento concluíu cunha interpretación de once obras do compositor por parte de profesores e estudantes do conservatorio, así como cunha recitación da “Oda á alegría” por parte de dous rapsodas. Estas interpretacións foron recibidas con aplausos prolongados e entusiastas do público.

Tanto os organizadores como os participantes e os asistentes expresaron o seu agradecemento pola iniciativa, destacando non só a súa calidade artística, senón tamén o seu carácter benéfico.

O Club de Leóns da Coruña Decano entrega 3.000 kg de alimentos ao Banco de Alimentos

 

ÚLTIMAS

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

O Festival de cinema fantástico Lóstrego regresa ao Fórum Metropolitano

O Festival de Cinema Fantástico e de Terror Lóstrego, volve ao Fórum do 2...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here