SOS Desaparecidos solicitou axuda cidadá este luns para atopar a Daoud B.C, un mozo de 17 anos que permanece desaparecido desde o domingo, 12 de abril, na Coruña. A asociación difundiu este luns unha imaxe do menor para tentar dar con el.
Segundo a descrición facilitada, o mozo mide 1,75 metros, ten complexión delgada e ollos escuros. No momento da súa desaparición vestía un pantalón de chándal verde e un suadoiro gris con raias negras.

