InicioCULLEREDOAs Asembleas Abertas do Ensino Público organizan a toda a comunidade escolar...

As Asembleas Abertas do Ensino Público organizan a toda a comunidade escolar pensando xa nas seguintes mobilizacións

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Despois de meses de queixas, protestas e manifestacións de milleiros de familias a través das ANPAS, continúa mobilizándose o profesorado de todo o país, mobilizando a toda a comunidade escolar no marco das Asembleas Abertas do Ensino Público.

Tamén na nosa comarca herculina, como se comprobou este mércores coa reunión celebrada no edificio de servizos múltiples de Culleredo, onde tivo lugar a reunión dunha treintena de persoas que representaban á Federación Provincial de ANPAs da Coruña, ANPAs individuais de diversos centros, alumnado do Sindicato de Estudantes, os sindicatos CiG e STEG, así como profesorado vinculado ás asembleas abertas do ensino público.

Unha xornada para poñer en común e sobre a mesa a visión que cada unha das anteriores organizacións, así como de xeito individual, tiñamos sobre a educación pública galega actual.
I é que estas Asembleas supoñen as primeiras oportunidades para que toda a comunidade educativa de centros públicos se unan e aborden conxuntamente as problemáticas e analizar as posibles solucións que se puideron dar. Estas son algunhas das propostas:

  • máis persoal, máis especialidades -como a rama da psicoloxía ou da terapia ocupacional-,
  • máis democracia nos centros educativos,
  • actualización dos catálogos cos que se dota de persoal aos centros docentes,
  • redución de ratios e
  • mellora das instalacións públicas

Ao longo das dúas horas que durou a reunión houbo tempo para formular a situación individual de moitos centros docentes que están vivindo situacións límite, pero tamén houbo tempo á organización, creándose un grupo de traballo composto por persoas de tódolos sectores da comunidade educativa para remar nunha mesma dirección.

Folga e manifestación

Nesta ocasión tamén hai un horizonte claro de mobilización, xa que o vindeiro 28 de abril se producirá a sexta folga do ensino público por parte do profesorado, á que nesta ocasion tamén se suma o Sindicato de Estudantes.

Así mesmo, tamén se prepara unha mobilización de cara ao vindeiro 6 maio na que se tomarán de novo as rúas da Coruña para que alumnado, familias e profesoardo berren moi alto: ensinanza pública e de calidade!

Máis novas sobre a loita por un ensino público digno

As familias saíron á rúa para denuncian o abandono estrutural do ensino público e o ridículo dos nosos responsables políticos

A ANPA do CEIP Prácticas a Paula Prado: “Isto só acaba de comezar”

 

Outras novas das ANPAS

 

ÚLTIMAS

“Non tería collóns de facer semellante cousa”, di a irmá do loteiro acusado de quedar cunha Primitiva

A irmá dos dous acusados por, presuntamente, quedar cunha primitiva millonaria na Coruña en...

Folga indefinida dos controladores aéreos de Alvedro a partir deste venres

A Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) e CCOO convocaron a partir do 17...

A Lonxa do Gran Sol e o encoro de Meicende, entre as obras que renecesitan rehabilitación e difusión pública para o Colexio de Enxeñeiros

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia vén de emitir...

A Audiencia da Coruña condena a 15 anos de prisión a un home por violar á súa filla

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home a 15...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here