InicioCULTURATanxugueiras presentan este xoves o seu novo traballo conversando con Carolina Iglesias...

Tanxugueiras presentan este xoves o seu novo traballo conversando con Carolina Iglesias no Colón

Publicada o

Por Redacción

Este xoves, 14 de maio, o Teatro Colón da Coruña acollerá a presentación oficial de “O Cuarto”, o novo traballo discográfico de Tanxugueiras. Unha xornada de “escoita íntima” e encontro e diálogo nun coloquio moi especial onde Sabela, Olaia e Aida compartirán as historias que atravesan esta nova etapa artística.

O evento arrancará coa proxección da peza audiovisual que acompaña ao disco e que permitirá ás e aos asistentes penetrarse no universo narrativo do proxecto antes de dar paso a unha conversa aberta entre Tanxugueiras e o público, quen poderá participar activamente formulando preguntas e compartindo impresións coas artistas.

A velada será conducida pola recoñecida comunicadora galega Carolina Iglesias (@percebesygrelos), quen exercerá de mestra de cerimonias para acompañar a Sabela, Olaia e Aida nunha conversa distendida sobre o proceso creativo e a evolución sonora do grupo.

Ademais, nunha aposta polo formato físico e a experiencia presencial, o evento no Teatro Colón será o único punto de venda oficial do álbum durante a súa primeira semana de lanzamento. A xornada, con apertura de portas ás 19:30 e comezo ás 20:00h, con entrada libre ata completar aforo, concluirá cunha firma de discos.

En outubro, no Coliseum

Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro regresarán á cidade da Coruña o 17 de outubro para presentar, no Coliseum da Coruña, o seu álbum O Cuarto, co cal celebran os seus anos de traxectoria. O directo, que será a única oportunidade de ver o grupo en directo en Galicia ao longo de 2026, preséntase como un concerto único e exclusivo. As entradas están á venda en Tanxugueiras.com.

 

Máis novas

Apolo18 e a Orquestra Bravú Xangai entre os finalistas aos Premios Martín Códax 2026

ÚLTIMAS

“Moito beneficio, o noso sacrificio”, decenas de traballadores do sector financeiro protestan para reclamar mellores condicións laborais

A Federación de Servizos de Comisións Obreiras (CC.OO.) mobilizouse este xoves na Coruña para...

A Xustiza filipina aprecia probas contra os policías acusados de Diego bello e rexeita arquivar o caso

Xustiza filipina rexeitou arquivar o caso pola morte do coruñés Diego Bello, ocorrida o...

A AMEGA achegou a realidade dos Medios en Galego ao alumnado de Ciencias da Comunicación da UD

Interesante xornada de reflexión sobre o panorama actual dos medios de comunicación acollía esta...

Obdulia Taboadela encabezará finalmente a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here