InicioA CORUÑAPersoal do ensino en centros de xestión privada esixe dignidade laboral e...

Persoal do ensino en centros de xestión privada esixe dignidade laboral e salarial

Publicada o

Por Redacción

Uníronse varios sectores esta mañá de mércores 13 de maio ás portas das dependencias de Política Social da Coruña (no Edificio Amizar, na Ronda de Nelle). Persoal de atención á discapacidade, dos centros de protección de menores e reforma, e de educación infantil na etapa 0-3, realizan o seu traballo en centros privados ou coa xestión privatizada, concentráronse para reclamar condicións laborais e salariais dignas para o  que

A mobilización enmárcase nas protestas que estes tres sectores están realizando de forma conxunta dende hai máis dun ano para exixirlle á Consellaría que atende as súas xustas reivindicacións pola mellora das condicións laborais, a baixada das ratios, a redución da carga de traballo e uns salarios dignos a través da creación dun complemento autonómico galego.

O representante da CIG-Ensino, Henrique García, lamentou a inacción de Política Social e da conselleira Fabiola García, á que instou a abrir negociacións e “deixar de ser unha fábrica de conflitos”. Neste senso, lembrou que o conxunto dos sectores relacionados coa atención directa e os coidados ás persoas (que en Galiza ocupa a unhas 10.000 persoas) están todos en pé de loita a causa da precariedade laboral (no límite do SMI), a falta de efectivos e as problemáticas para poder ofrecer uns servizos de calidade.

Folga o 3 de xuño e perigrinaxe reivindicativa

O representante sindical avanzou que de continuar este menosprezo por parte da Xunta, o persoal intensificará ás mobilizacións e xa está convocada unha xornada de folga parcial para o mércores 3 de xuño, das 09h ás 14h.

Previamente, os días 1 e 2 de xuño, farase un “camiño de Santiago reivindicativo” que sairá de Arzúa e rematará na capital galega o día da folga cunha gran manifestación ás 11h do Monte do Gozo até o complexo de San Caetano.

De xeito paralelo, continúan adiante os “mércores en loita”, que consiste en que desde os propios centros de traballo se realicen concentracións con mensaxes reivindicativas nas que se amosen as condicións laborais, precarias e inxustas nestes tres sectores de especial relevancia social.

Outras novas

As traballadoras das Escolas Infantís Municipais reclaman na rúa “feitos concretos”

ÚLTIMAS

O BNG alerta a PSOE que romperá o pacto orzamentario “se se tocan” investimentos ou “se recortan servizos”

Segue apretando a oposición sobre a mala situación económica municipal tras analizar un informe...

O Dépor realizará unha consulta vinculante aos seus abonados para galeguizar ou non o topónimo

Celebrou este martes o Real Club Deportivo o seu primeiro Foro Social. Un espazo...

Tanxugueiras presentan este xoves o seu novo traballo conversando con Carolina Iglesias no Colón

Este xoves, 14 de maio, o Teatro Colón da Coruña acollerá a presentación oficial...

O BNG considera que a Fundación Luís Seoane está “no peor momento da súa historia”

Xa vai para 6 meses dende que un Padroado de mínimos acordara a convocatoria dun novo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here