InicioA CORUÑADescolgando os cadros franquistas do Pazo de María Pita

Descolgando os cadros franquistas do Pazo de María Pita

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non lles permitíu o Concello facelo no interior do Pazo. Pero a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) quedou esta mañá de sábado 23 de xuño, fóra, na Praza de Maria Pita, para realizar unha acción simbólica.

Mentres a rapazada gozaba dunha xornada de xadrez xigante, os membros da Comisión portaron copias dos 18 cadros de golpistas e alcaldes franquistas que fican a día de hoxe nas paredes de diferentes estancias do concello (incluído o despacho oficial da alcaldía) e os descolgaron simbolicamente, “demostrando que é un acto de hixiene democrática fácil e sinxelo”.

Queren criticar “a falta de vontade política por parte do goberno municipal para cumprir a Lei de Memoria Democrática e eliminar dunha vez a gran cantidade de simboloxía franquista que existe na nosa cidade, o que nos converte nunha vergonzosa excepción dentro do estado.” 

Máis novas

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

ÚLTIMAS

(Vídeo) Un gran incendio en Visma cobre de negro o ceo de Arteixo

A parroquia de Visma, na Coruña, rexistra na tarde deste domingoe un gran incendio...

Unha nova limpeza no Orzán eliminou 105 kg do noso mar

A praia do Orzán acolleu este sábado outra xornada de limpeza ambiental que resultou...

Con permiso de la autoridad eclesiástica, premio á mellor cutrometraxe no Intersección da Coruña

Intersección, o Festival Internacional de Cine da Coruña, deu a coñecer o palmarés da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here