InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIODenuncian as lamentables condicións dunha granxa de visóns de Abegondo

Denuncian as lamentables condicións dunha granxa de visóns de Abegondo

Publicada o

Por Redacción

A protectora de animais ARDE vén de denunciar ante a Fiscalía unha granxa de visóns de Abegondo por presunto maltrato animal. A entidade tivo acceso, en novembro, ao interior da granxa, e confirmou as lamentables condicións nas que se crían esta especie para uso da industria peleteira.

A presenza de visóns enfermos, con feridas sangrantes, infeccións, automutilacións… cunhas condicións insalubres con teias de araña e as instalacións deterioradas, son algunhas das escenas que se poden vivir nas 13 naves desta granxa, unha das 21 activas en Galicia.

As imaxes captan o proceso de parto dentro das gaiolas: algunhas crías de visón, de só unhas horas de vida, xacen mortas, e tamén se observan cadáveres adultos con extensas feridas nos xenitais compatibles con inflamación e infección.

Granxa de visons de Abegondo

Segundo Alba Nieto, experta veterinaria: «As condicións observadas no material analizado son compatibles con estrés crónico sostido, frustración conductual, dor física asociada ás lesións descritas e benestar animal comprometido».

Os feitos observados na investigación suxiren que a explotación está a incumprir as obrigas establecidas no Real Decreto 348/2000 e na Lei 32/2007, que esixen manter os animais en condicións compatibles co seu benestar e libres de sufrimento e lesións evitables, manter unhas condicións hixiénicas e sanitarias adecuadas, non causar danos físicos nin comprometer a saúde dos animais e prestar a atención axeitada aos animais enfermos ou feridos. A explotación presenta importantes problemas de hixiene, con gaiolas corroídas pola ferruxe, grandes cantidades de arañeiras en contacto cos animais e excrementos acumulados baixo as gaiolas. Ademais, a presenza de gatos e aves nas instalacións compromete as medidas de bioseguridade necesarias en instalacións con alto risco de transmisión de axentes infecciosos.

Os ecoloxistas afirman que a granxa é ilegal porque foi autorizada despois de que o Tribunal Supremo prohibise o establecemento de novas granxas de visóns. Con todo, ARDE esixe o peche e a prohibición das granxas de animais peleteiros en España.

Granxa de visons de Abegondo

Granxa de visons de Abegondo

Granxa de visons de Abegondo

ÚLTIMAS

O persoal do comercio vario inicia unha acampada na Coruña para blindar os convenios provinciais

Un grupo de traballadoras e traballadores do comercio vario iniciaron este luns unha acampada...

Tres voos desviados pola néboa na Coruña

A néboa obrigou a desviar tres voos que tiñan previsto aterrar na mañá deste...

O Concello da Coruña convoca, tres anos despois, unha nova edición dos Orzamentos Participativos

Importante anuncio que ofreceu esta mañá o Concello da Coruña. Levan sen convocar dende...

De Stoja a Nsongo Bil. Entrando na historia branquiazul de xeración en xeración

Moitos lembramos aquel partido do 9 de xuño de 1991. Algúns tiñamos 10 anos,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here