InicioA CORUÑAPersoal do comercio esixe á patronal da Coruña un acordo marco que...

Persoal do comercio esixe á patronal da Coruña un acordo marco que blinde convenios provinciais

Publicada o

Por europapress

Continúan as mobilizacións das traballadoras e traballadores do comercio. Onte, no marco da súa acampada, concentráronse este mediodía diante da sede da patronal coruñesa para reclamar a firma dun acordo interprofesional que blinde a prevalencia aplicativa dos convenios provinciais do sector sobre o convenio estatal ARTE que se está negociando en Madrid.

A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións e folgas que o persoal está a desenvolver “contra a imposición”, sosteñen, deste novo convenio, promovido pola patronal ARTE, na que están agrupadas grandes multinacionais.

Tamén coincidiu coa primeira do tres reunións da mesa de negociación programadas para os días 27 e 28 de maio e 2 de xuño en Madrid.

Desde a CIG rexeitaron o novo convenio, “impulsado por multinacionais que gañan miles de millóns de euros e que significaría precariedade e recortes nas condicións laborais, salariais e sociais das traballadoras e traballadores do sector”.

Máis novas

O persoal do comercio vario inicia unha acampada na Coruña para blindar os convenios provinciais

Delegados do comercio variado péchanse na patronal coruñesa contra o convenio estatal do téxtil

ÚLTIMAS

O Concello contratará un software para controlar as colonias felinas

O Concello da Coruña sacou a contratación un servizo de xestión das colonias felinas...

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...