InicioA CORUÑAParaugas e sinaturas para quecer a manifestación polos Murais de Lugrís

Paraugas e sinaturas para quecer a manifestación polos Murais de Lugrís

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Contan as horas as entidades da cidade máis preocupadas polos murais de Urbano Lugrís da rúa Olmos. Despois de moitos anos loitando contra o abandono das administracións, e tras conseguir compromisos reais como a declaración como Ben de Interese Cultural, as entidades participantes na Asemblea Aberta Salvemos os Murais do pasado mes de maio queren esixir coa súa presión tanto á Xunta como ao Concello que realicen os investimentos e accións necesarios para restaurar os murais e o edificio que os contén e para o que foi deseñado.

Así, entidades como a A.C. O Mural, AC. Alexandre Bóveda, A Agra ou In Nave Civitas, preparan xa a manifestación deste domingo 7 de xuño, con saída ás 12:00h do Obelisco (paraugas en man) ata María Pita, a mobilización ”A Coruña pola beleza. Deixade pasar as ondas do mar!”

E paralelo, as entidade simplicadas continúan coa súa colleita de sinaturas “Salvemos os frescos de Lugrís”, que xa supera as 700 recibidas.

Obradoiro lugrisiano

Para seguir quecendo motores, a Asemblea convida á cidadanía a que acudan cos seus paraugas decorados con motivos lugrisáns. De feito, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda convocou para o mércores 3 de xuño, ás 19:30 horas un obradoiro “de cantos, paraugas e pancartas” para lucir polas rúas da cidade na marcha civíca do domingo.

Paraugas por Lugri en Coruna

O manifesto da Asemblea Aberta “Salvemos os frescos de Lugrís” A CORUÑA POLA BELEZA

Deixade pasar as ondas do mar!

As ondas do Orzán
van, veñen;
van.
(Urbano Lugrís)

No baixo do número 25 da rúa dos Olmos da Coruña atópase o único conxunto muralístico dos que pintou Urbano Lugrís na cidade que conservamos íntegro. Un espazo sen parangón para a historia da arte galega, no que as 12 pinturas que Lugrís deixou nas paredes xogan coa arquitectura do edificio e coa nosa imaxinación.

Dende que, en 2021, pechou o local de hostalaría que se atopaba nese baixo, os frescos esmorecen por culpa da ruína do edificio, as inclemencias do tempo, a acción de pombas e ratas e o desleixo das administracións locais e autonómicas.

Malia as solicitudes e protestas dalgúns colectivos cidadáns, que comezaron en 2021, os responsables políticos non fixeron nada e a inactividade das administracións contribíu a empeorar o estado duns frescos que están a piques de desaparecer para sempre.

A cidadanía da Coruña non se pode permitir o luxo de perder outro mural de Urbano Lugrís, porque precisamos para vivir desfrutar dese mar fantástico no que as sereas cazan congros e os narvais sacan a cabeza entre as ondas para contemplar o baile do sol e a lúa sobre o faro de Hércules.

Cada día que pasa a situación é máis crítica e por iso saímos á rúa para reivindicar, unha vez máis, o acceso á beleza. Se nos deran á escoller, nós tamén escolleríamos entrar noite e día no Fornos, para desfrutar dun espazo único que é o símbolo redondo do que A Coruña é.

Abride as portas do Fornos, deixade pasar as ondas do mar lugrisán e que a beleza e a felicidade enchoupen todas as nosas rúas e as nosas vidas!

  • Asemblea aberta Salvemos os frescos de Lugrís

Máis novas

A Coruña sae á rúa polos murais de Lugrís

 

ÚLTIMAS

O BNG rompe o acordo de investidura co PSOE na Coruña a uns meses das eleccións municipais

Veñen avisando dende hai meses, e hoxe a portavoz do grupo municipal do BNG na...

Inés Rey insiste nunha área metropolitana de taxi: “A realidade actual é supramunicipal”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a creación dunha área de prestación conxunta...

O PP da Coruña tacha de “mar de cemento” a reforma dos Cantóns

O portavoz municipal do PP da Coruña e candidato á Alcaldía, Miguel Lorenzo, instou...

O Concello pon na Xunta a responsabilidade do deterioro dos centros de ensino

Continúa amosándose o enfrontamento directo entre Xunta e Concellos, neste caso o da Coruña,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here