InicioPOLÍTICASumar, Esquerda Unida e Podemos unen o seu discurso fiscalizando a falta...

Sumar, Esquerda Unida e Podemos unen o seu discurso fiscalizando a falta de execución do goberno municipal

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tecendo xa camiños para as Eleccións Municipais de 2027, os grupos de Sumar, Esquerda Unida e Podemos veñen de enviar a segunda nota de prensa conxunta. E de novo, o asunto escollido polos 3 grupos para seguir amosando “as boas relacións” que imperan entre as asembleas locais dos partidos, volve ser a situación económica do Concello.

Os 3 grupos, que avanzan na formulación dunha candidatura conxunta de cara ao ano que vén para “traballar por un proxecto de cidade” común, denuncian que o Goberno local da Coruña deixou sen executar partidas para colexios, bibliotecas e instalacións deportivas.

Trinidad Palacios (Sumar), Berta Vigil (Esquerda Unida) e Aitor Neira, (Podemos), manteñen a mesma “preocupación” tras coñecer novas informacións sobre os investimentos orzamentarios municipais de 2025, que revelan que “o Goberno local deixou sen executar partidas destinadas a colexios, bibliotecas, instalacións deportivas, escolas municipais, o programa Lecer e o mantemento dos espazos verdes da cidade”.

“Cando quedan sen executar partidas destinadas ao programa Lecer, ás escolas municipais, ás bibliotecas públicas, ás instalacións deportivas ou ao mantemento dos espazos verdes, o que se evidencia é unha incapacidade para converter os recursos dispoñibles en melloras reais para a cidadanía”, sinala Trinidad Palacios, coordinadora de Movemento Sumar Coruña.

Pola súa banda, Berta Vigil, membro da colexiada de Esquerda Unida, afirma que “a cuestión non é se había diñeiro, porque o había. A cuestión é por que ese diñeiro non chegou aos servizos e equipamentos que utilizan diariamente milleiros de coruñesas e coruñeses. Esa é a pregunta que o Goberno local debe responder”.

Para Aitor Neira, voceiro de Podemos Coruña, “se existen necesidades nos barrios, nos centros educativos, nos equipamentos deportivos ou nos servizos municipais e, ao mesmo tempo, quedan recursos sen executar, é evidente que hai un problema de xestión. Un orzamento só ten valor cando se transforma en feitos”.

Ante todo isto, as tres organizacións piden “unha maior capacidade de execución e planificación para garantir que os investimentos aprobados cheguen realmente á veciñanza e contribúan a mellorar os servizos públicos e os barrios da cidade”.

Máis novas

O PP denuncia que o goberno local deixou sen executar máis de 105 millóns de euros nos barrios da Coruña

O BNG condiciona o seu apoio ao PSOE a buscar “unha solución para o buraco económico” nas contas

 

 

ÚLTIMAS

As traballadoras das grandes cadeas do téxtil responderon na rúa á sinatura do convenio estatal ARTE

Este martes, os sindicatos CCOO e Fetico, asinaban coa patronal ARTE (da que forman...

SOS Sanidade anuncia mobilizacións contra as excesivas listas de agarda e o “deterioro” do sistema sanitario público

Este xoves 4 de xuño, ás 11 horas na  rotonda do HUAC terá lugar...

O Festival #Aquítaménsefala colle sona internacional

Non deixa de medrar a campaña #Aquítaménsefala, convertida xa nun referente europeo da dinamización...

‘Nin alugueres polas nubes nin salarios polo chan’, protesta na Coruña para esixir o fin da especulación urbanística

A Plataforma Polo Dereito á Vivenda convocou unha manifestación este sábado, día 6, na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here