InicioCAMBREOutorgada a licenza ambiental para a ampliación dunha planta de alimentos procesados...

Outorgada a licenza ambiental para a ampliación dunha planta de alimentos procesados en Cambre

Publicada o

Por europapress

A Xunta outorgou Autorización Ambiental Integrada (AAI) a Profand Cambre, SLU para a ampliación da súa planta de elaboración de produtos alimenticios procesados a partir de peixe, crustáceos e cefalópodos. A mesma está situada no parque empresarial de Espírito Santo, no concello coruñés de Cambre.

Segundo traslada o Executivo galego, a resolución, emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostenibilidade, sairá publicada “nos próximos días” no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Deste xeito, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático “dá por finalizado” o procedemento de tramitación ambiental ao que foi sometido esta iniciativa empresarial e no marco do cal a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) e a AAI foron tramitadas conxuntamente.

De feito, o departamento autonómico ditou xa unha DIA favorable á ampliación destas instalacións. A mesma, expón, está “condicionada, en todo caso, a que se cumpran tanto o recolleito no estudo de impacto ambiental e no resto da documentación presentada polo promotor, como os condicionantes e o programa de vixilancia ambiental que figuran na propia declaración”.

Así, engade, froito das consultas realizadas durante a fase de participación pública, os organismos consultados consideraron que o proxecto “non terá impactos significativos nos distintos campos analizados e que sería viable a súa posta en marcha sempre que se cumpran as condicións establecidas nos seus respectivos informes”.

A culminación dos trámites ambientais e as correspondentes resolucións favorables por parte da Consellería, concreta, “en todo caso, non eximen ao promotor do deber de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que sexan legalmente esixibles para a execución e posta en funcionamento do proxecto”.

ÚLTIMAS

A gran trampa da nova licitación das escoliñas municipais. “Imos recurrir”

Vive a Rede de Escolas Infantís Municipais un comezo de curso convulso. Ata o...

Avanzan os traballos do polígono residencial de San Pedro de Visma cos apertura dunha nova vía

Visita municipal a acontecida esta mañá para supervisar as obras de urbanización e as...

O reitor da UDC urxe financiamento á Xunta e alerta sobre o problema da vivenda para estudantes

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, volveu reclamar á Xunta máis...

A veciñanza de Celas e Sueiro volve reclamar a petición histórica dunha beirarrúa ante as falsas promesas

Volveu a veciñanza de Culleredo saír á rúa por unha demanda histórica. Levan décadas...