Persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña volverá á folga este sábado, día 15 — día de apertura autorizada –; o domingo 16 de agosto e o luns, día 17, nun contexto de mobilizacións previas en demanda de melloras salariais e laborais.
Nun comunicado, a CIG denuncia “inmobilismo” por parte da patronal na mesa de negociación, tras non haber un achegamento de posturas na última reunión con mediación do AGA, do Consello Galego de Relacións Laborais.
Tamén sitúa esta nova convocatoria nunha resposta “ao bloqueo no que a patronal do sector ten a negociación do convenio colectivo” mentres que por parte das empresas responsabilízase á parte sindical da falta de achegamento.
Estas novas xornadas de paro, que afectan a supermercados e centros loxísticos, prodúcense despois de dúas últimas reunións na mesa de negociación celebradas o pasado venres e o luns, nas que non se produciu ningún tipo de avance, remarcan.
Durante as xornadas de folga, convocadas polo catro sindicatos con representación na mesa — CIG, CCOO; UGT e USO — están previstos piquetes informativos.
Ademais, o luns, día 17, haberá unha manifestación na cidade herculina, que sairá ás 12.00 horas do mercado de San Agustín e terminará na praza de Lugo.

