A Feira do Libro Antigo e de Ocasión da Coruña inaugura este venres, día 14, unha nova edición, nunha proposta con participación de 15 librarías de toda España e que estará ata o 30 de agosto.
“Os 112 metros de exposición permitirán descubrir libros antigos, raros, curiosos, descatalogados ou difíciles de atopar, ademais de revistas e publicacións para coleccionistas”, remarca a organización.
Será unha proposta que terá lugar nos xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Federación de Librarías de Galicia, na que constitúe a 35 edición.
A proposta inclúe un percorrido para “deixarse sorprender”, remarcan desde a Federación de Librarías, que subliñan que son “15 librarías e miles de libros por descubrir”.

