A Valedora do Pobo requiriu á Xunta para que informe sobre os murais de Lugrís, situados na Coruña, ante a petición feita pola asociación O Mural “para que se cumpra coa obrigación de protección”, informa esta última.
Nun comunicado, lembra que se trata duns murais declarados Ben de Interese Cultural e subliña que “a súa deterioración está intimamente ligado ao estado de conservación do edificio”, sinala sobre o lugar onde se atopan. “O estado de conservación é crítico“, sinala a entidade que afirma que “a conxugación de fenómenos de degradación de índole física, química e antropogénica derivados do avanzado estado de deterioración do edificio xa modificaron as características dos materiais de orixe”.
O Mural remarca que solicitou que a Dirección Xeral de Patrimonio facilitáselles o acceso a unha serie de documentación co obxectivo de solicitar novas medidas “para salvar as pinturas”. A Valedora, engade, admitiu agora a súa queixa e fixo o correspondente requirimento a este departamento autonómico.

