InicioSOCIEDADEA néboa obriga a desviar tres voos de Alvedro e provoca atrasos...

A néboa obriga a desviar tres voos de Alvedro e provoca atrasos de ata tres horas nas saídas

Publicada o

Por europapress

A néboa provocou na mañá deste xoves desvíos e atrasos no aeroporto coruñés de Alvedro. Segundo informaron fontes de Aena, o voo de Air Europa procedente de Madrid, que debía aterrar na Coruña ás 7.05 horas, acabou sendo desviado a Santiago. Pola súa banda, o de Vueling procedente de Barcelona, que tiña previsto aterrar ás 7.25 horas, foi desviado a Madrid.

O voo de Iberia que tiña previsto aterrar ás 8.40 horas na cidade herculina saíu da capital española con máis dunha hora de atraso e finalmente tamén foi desviado a Madrid, onde aínda non aterrara no momento de facilitarse a información. Ademais destes desvíos, algúns dos voos que debían saír a primeira hora de Alvedro sufriron atrasos. É o caso da conexión de Vueling con Barcelona, que saíu con tres horas de demora, ou dos voos de Iberia con destino a Madrid previstos para as 8.35 e as 9.20 horas.

ÚLTIMAS

A AMEGA achegou a realidade dos Medios en Galego ao alumnado de Ciencias da Comunicación da UD

Interesante xornada de reflexión sobre o panorama actual dos medios de comunicación acollía esta...

Obdulia Taboadela encabezará finalmente a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14...

Defensa do Común explica este venres como é a situación actual das urbanizacións da Maestranza en Portas Ártabras

Defensa do Común e a asociación veciñal da Cidade Vella anuncian para este venres,...