O litoral da provincia da Coruña permanecerá este fin de semana en aviso amarelo por vento, con refachos que poderán superar os 80 quilómetros por hora. Segundo a información de Meteogalicia, o aviso por vento no mar comezará ás 00,00 horas deste sábado e prolongarase durante todo o fin de semana.
En canto ao resto de Galicia, durante o sábado, Galicia quedará nunha situación intermedia entre as altas e baixas presións, aínda que coa fronte marchando polo leste e con circulación do vento do nordés moi marcada. Con isto espéranse unha xornada con ceos máis cubertos nas provincias de Lugo e Ourense, con choivas ocasionalmente de carácter treboento e ceos máis abertos no litoral atlántico.
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas descenderán de forma moderada a notable. Os ventos soprarán do nordés moderados, exepto na costa.

