InicioA CORUÑA(VÍDEO) A Coruña tamén para a VOX

(VÍDEO) A Coruña tamén para a VOX

Publicada o

Por europapress

Milleiros de persoas (preto 5.000 aseguran fontes policiais) concentráronse este mércores na Praza de María Pita, na Coruña, en protesta pola presenza do líder de Vox, Santiago Abascal, nun acto na céntrica praza coruñesa.

A praza simbolizou as dúas Españas, cunha pequena esquina, a máis cercana á Porta Real, na que Abascal ofreceu as súas declaracións ante uns centos de simpatizantes separado por un cordón policial formado por máis dunha ducia de furgóns da Policía Nacional dunha contramanifestación convocada por organizacións estudantís, Galiza Nova e o Sindicato de Inquilinas.

Nesa zona vivíronse momentos de tensión con disturbios e cargas policiais (con pelotas de goma e gases) contra a mocidade mentres coreaban consignas como ‘A Coruña é antifascista‘ ou ‘Non sodes nada sen a policía’, entre outras.

Manifestacion contra VOX en Maria Pita
Zona da manifestación contr VOX

En declaracións aos medios, o secretario xeral de Galiza Nova, Artai Gabiás, reivindicou que “os discursos de odio que lanza” a formación de Santiago Abascal “non son ben recibidos en Galicia”. “O seu odio e o seu racismo son unha estratexia para dividir ás claeses populares. Os problemas non son os migrantes é o fracaso do sistema capitalista”, subliñou Gabiás.

Durante o acto, preguntado pola protesta, Santiago Abascal defendeu que “non hai coacción” que poida con eles, asegurando que a presenza dos manifestantes non lles dá “ningún medo”.

Así mesmo, reivindicou que cun cambio de Goberno “non será posible acosar aos cidadáns e acudir ás prazas a impedir que a xente poida expresarse en liberdade”.

TELLADO SAE EN DEFENDA DE ABASCAL: “A VIOLENCIA NUNCA É O CAMIÑO”

O secretario xeral do Partido Popular, Miguel Tellado, condenou este mércores os disturbios rexistrados na Coruña durante as protestas contra un acto do presidente de Vox, Santiago Abascal, a quen trasladou publicamente a súa solidariedade. O dirixente popular advertiu de que “a violencia nunca é o camiño” e criticou a actuación dos manifestantes que participaron nos enfrontamentos coa Policía Nacional.

“Condenamos de maneira rotunda os disturbios provocados polos intolerantes na Coruña e manifestamos a nosa solidariedade con Santiago Abascal. En democracia, a violencia nunca é o camiño”, expresou Tellado a través dunha mensaxe publicada na rede social X, recollida por Europa Press.

ÚLTIMAS

“Feijóo só construíu 40 vivendas públicas na cidade sendo presidente da Xunta”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu reclamar que os fondos estatais asignados para...

“Foi o PP quen lle deu categoría a un partido fascista”, di Inés Rey de Vox

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rei, culpou ao PP e ao seu...

José Manuel Lage lamenta non poder ter competencias na área metropolitana da Coruña

O concelleiro delegado de Obras, Planificación Urbana e Proxectos Estratéxicos do Concello de Bilbao,...

Independencia ou desapego? A présa por ver medrar os nosos fillos

Unha reflexión sobre o apego, a saúde mental e a presión social por formar...