InicioA CORUÑAA Banda da Loba e Icía Varela, hoxe no ÁgoraSon

A Banda da Loba e Icía Varela, hoxe no ÁgoraSon

Publicada o

Por Redacción

Hoxe venres 23 de outubro, a partir das 21:00h arrinca unha nova edición do AgoraSón de outono, unha das citas culturais máis  consolidadas da programación de promoción da lingua galega. Desta volta reunirá no auditorio do Centro Sociocultural Ágora a A Banda da Loba e á cantante e pandeireteira Icía Varela xunto á música xaponesa Haruna Chatani.

A iniciativa coincide coa conmemoración do Día das Bibliotecas. Como é habitual, as invitacións para asistir á actuación distribúense a través das bibliotecas municipais ao retirar material de lectura ou audiovisual en lingua galega. En caso de quedar convites dispoñibles, estes poderán recollerse na biblioteca do Ágora este propio venres pola tarde e ata a hora da actuación.

As compostelás da Banda da Loba, unha das formacións máis destacadas da música galega actual, integrada por cinco mulleres que combinan influencias do pop, o folk, o blues, o rock e a música tradicional galega. O grupo presentará o seu último traballo, ‘Lovismo’, un proxecto artístico arredor das diferentes expresións do amor e da transformación persoal.

A segunda parte do concerto correrá a cargo da artista tradicional Icía Varela (natural de Cerqueda, Malpica de Bergantiños) e Haruna Chatani, dúas artistas que construíron unha proposta singular baseada no diálogo entre as tradicións musicais de Galicia e do Xapón. A través da combinación da pandeireta galega e do koto xaponés, crean unha experiencia sonora que establece pontes entre culturas e sensibilidades aparentemente afastadas.

O AgoraSón celébrase dúas veces ao ano, coincidindo co Día das Letras Galegas e co Día das Bibliotecas. Ao longo da súa traxectoria pasaron polos seus escenarios artistas como Tanxugueiras, Mercedes Peón, Ruxe Ruxe, Luar na Lubre ou Boyanka Kostova.

Máis novas

AMEGA, Leria e A Banda da Loba levaron o galego ao Playa Club

Así homenaxea A Banda da Loba a Luísa Villalta

ÚLTIMAS

Renfe permitirá viaxar sen asento asignado en trens A Coruña-Vigo Guixar e A Coruña-Ferrol

Renfe anunciou que eliminará o suplemento que ata agora debía abonarse polo transporte de...

Xuventudes do PSOE da Coruña condenan “toda violencia” e piden non criminalizar aos manifestantes contra Vox

As Xuventudes Socialistas da Coruña condenaron "rotundamente" calquera "manifestación de violencia", tanto a "exercida...

Mocidade Socialista pide a absolución dos detidos na Coruña e a dimisión de delegado do Goberno e alcaldesa

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) pediu a absolución dos detidos nos disturbios rexistrados...

Fundación Barrié expón a mostra ‘El Bosco e Bruegel. Unha viaxe a mundos fantásticos’

A Fundación Barrié presentou na súa sede da Coruña a exposición 'El Bosco e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here