InicioCULTURAO mellor cinema feito por mulleres en 2021 e 2022 poderase ver...

O mellor cinema feito por mulleres en 2021 e 2022 poderase ver na Coruña

Publicada o

Por editor

No marco das actividades organizadas polo Concello da Coruña en torno ao día Internacional da Muller 2023, arrinca a I Mostra Internacional de Cinema por Mulleres A Coruña que terá lugar do 22 de marzo ao 2 de abril de 2023 nos Cantones  Cines,Centro Comercial Cantones Village. Con ela, preténdese achegar ao público da cidade unha selección dos máis recentes longametraxes internacionais e nacionais dirixidos por mulleres, realizados entre 2021 e 2022.

As 20 películas que se proxectarán formaron parte da Competición Nacional e Internacional da V edición do Festival de Cinema por Mulleres Madrid, que tivo lugar do 25 de outubro ao 6 de novembro do 2022. Entre elas, atópanse a multipremiada ‘Cinco Lobitos’ da directora española Alauda Ruiz de Azúa e ‘Estación Catorce’ da directora mexicana Diana Cardozo, gañadora da competición da V edición do Festival Cinema por Mulleres Madrid como Mellor Película de 2022.

As 10 longametraxes internacionais proveñen de Alemaña, Colombia, Eslovaquia, Estados Unidos, Dinamarca, Marrocos, México, Siria, Suecia e unha coprodución de Turquía e Ucraína.  A selección das 10 películas españolas, realizadas entre 2021 e 2022, tamén se compón de longametraxes multi-premiados e seleccionadas en diversos festivais como Valladolid-SEMINCI, o Barcelona FilmFest, o Festival de Sitges ou o Festival de Málaga, Cannes, Berlinale ou Sundance.

“Trátase dunha variada selección de ficción-drama, comedia familiar, terror, experimental e documental, que ofrece ao público coruñés unha oportunidade única de porse ao día sobre a recente produción cinematográfica do noso país dirixida por mulleres”, indican os organizadores nun comunicado.

ÚLTIMAS

O transporte de mercadorías da Coruña volve ás mobilizacións: os sindicatos denuncian unha perda salarial do 13 %

Os sindicatos CCOO, CIG e UXT, que integran a mesa negociadora do convenio provincial...

A reforma dos Cantóns entra na súa fase final cunha aposta por máis espazo peonil e mobilidade sostible

O Concello da Coruña iniciou a fase final da reforma dos Cantóns, coa reorganización...

Salvamento Marítimo remolca un pesqueiro que quedou sen goberno preto da Torre de Hércules

Salvamento Marítimo auxiliou este venres un pesqueiro que quedou sen goberno cando navegaba a...

Un pleno de acordos e desacordos sobre vivenda, escolas infantís e a Fundación Luís Seoane

Celébrase esta mañá de xoves 1 de outubro un novo pleno no Pazo de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here