InicioSOCIEDADEA Deputación da Coruña dará axudas aos barcos de cerco afectados polo...

A Deputación da Coruña dará axudas aos barcos de cerco afectados polo paro biolóxico

Publicada o

Por europapress

A Deputación da Coruña dará axudas aos barcos de cerco e artes menores afectados o paro biolóxico de tres meses, segundo informou o seu presidente provincial, Valentín González Formoso, quen reclamou tamén á Xunta axudas para o sector.

Fíxoo tras un encontro, na sede provincial, con representante do sector pesqueiro na provincia e despois de considerar que as axudas estatais polo paro biolóxico son “insuficientes para manter o custo das embarcacións paradas”.

“A Deputación da Coruña, ante as dificultades dun sector estratéxico, non quere deixar de achegar o seu gran de area”, sentenciou. Sobre as axudas, precisou que se van a convocar de forma inmeiata e que cobren os custos da Seguridade Social de todos os mariñeiros durante o tempo do paro biolóxico. “Poden recibir ata 18.000 euros os 56 buques que están suxeitos a esta resolución”, sinalou en referencia aos da provincia.

Con todo, incidiu en que hai buques en toda Galicia que non van acollerse ao paro biolóxico, “pero que si deberían estar a recibir axudas”. “Tanto por parte do Estado como da Xunta, que cubrisen o impacto da medida aos buques que non van someterse o paro biolóxico”, apostilou.

En concreto, o organismo provincial habilita unha liña de axudas dotada con 684.000 euros para apoiar á frota afectada polo paro biolóxico e as limitacións na captura do xurelo, cunha axuda de ata 18.000 euros por embarcación.

Pola súa banda, o secretario da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga), Alberto Castro, asegurou que todas as axudas que se destinen para o sector son “benvidas”, aludindo, ademais, á problemática que atravesa o sector no actual contexto. En particular, e ante a campaña da sardiña, reclamou a adecuación dos prezos.

ÚLTIMAS

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

Nova noite de San Xoán a vivida na Coruña. Unha das citas máis especiais...

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu por San Xoá para purificar o mundo

Ademais do San Xoán de barrios da Coruña, pola comarca tamén tivo as súas...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

Centos de persoas do comercio de alimentación volven mobilizarse por un “convenio digno e salario xusto”

Centos de empregadas e empregados do comercio de alimentación da provincia coruñesa secundaron as...