InicioECONOMÍAPedronia, o estudo 3D da Coruña que fai pementos e percebes xigantes

Pedronia, o estudo 3D da Coruña que fai pementos e percebes xigantes

Publicada o

Por editor

Coñecemos ‘Pedronia’, un proxecto de impresión 3D que naceu na Coruña e grazas ás horas de confinamento da pandemia. Os artífices son Jesús e Xosé Carnota, dous irmáns que compaxinan este novo oficio coas súas profesións de informático e deseñador gráfico-publicitario respectivamente.

“Un dos encargos máis curiosos que nos fixeron foi para un dos maiores coleccionistas de bonecos Airgam Boys de España, e foi o deseño e a impresión duns cascos para unha colección histórica que estaba a facer e que recrea aos Terzos de Flandes. Non atopaban por ningún lado un casco que se adaptase ao que quería nin as á medida da cabeza dese. Nós fixémosllos.  Tamén nos tocou escanear un pemento de Padrón para imprimir un de case un metro de longo. E agora temos un proxecto para escanear un percebe para imprimilo en grandes proporcións”, apuntan nesta entrevista.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Dous veleiros sofren novas arremetidas de orcas fronte á Coruña

Dous veleiros sufriron este domingo novas arremetidas de orcas fronte á costa da cidade...

A Garda Civil intervén máis de 20.000 artefactos pirotécnicos na Coruña

Efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil da Coruña interviñeron...

Comisan máis de 112 quilos de percebe furtivo na Coruña

Segundo informou a Consellería de Presidencia, os operativos foron realizados por axentes do Equipo...

AMEGA polo 25X: “Informar en galego tamén é facer patria”

Cada 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega reivindicando a nosa identidade,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here