Treme a cidade ante a chegada da primeira borrasca do outono. Aitor chega con abundante humidade e deixará numerosas chuvais, ademais de forte vento e ondas na provincia da Coruña, que levarñan a peor parte de todo o estado con avisos en nivel laranxa por precipitacións, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
O peor chegará a partir do mediodía, segundo Meteogalicia, cando os refachos de vento poderían chegar aos 90km/h.
Bo día! Hoxe quedamos baixo os efectos da #BorrascaAitor e o #ríoatmosférico que aportará moita humidade.
A combinación de ambos fenómenos deixará o primeiro temporal do outono a partir do mediodía, con moita chuvia e ventos fortes por toda #Galicia⚠️https://t.co/amsPbsG8LP pic.twitter.com/mMfmBk5Mhc
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) September 25, 2024