Borja Canedo, A Coruña 1996, leva dende os dezaseis anos e paralelamente á súa formación, adicándose como afeccionado a traballos de forxa e coitelería. Fixo carpintería, soldadura e mesmo xoiaría, pero a súa paixón é a forxa, como conta nunha entrevista da revista Pincha. Foi armando un pequeno taller na casa, e acabou especializado na coitelería, sendo xa requerido por grandes chefs do país como Pepe Solla, unha vez que se foi gañando espazo gracias, en parte, a súa participación na Fundación pública de Artesanía de Galicia.
Hoxe está de noraboa, xa que a Deputación da Coruña vén de fallar os XV premios Antonio Fraguas de Artesanía que nesta XV edición. O seu “Coitelo de cociña Damasco” levou o premio en categoría tradicional, mentres que unha Nasa de marroquinería feita a man de Ezequiel Franchil Gil, de Ribadeo, levou o premio na modalidade ‘contemporánea’.
Do Coitelo de Damasco, o xurado, formado por Elena Bangueses Buceta, Idoia Cuesta, Lidia Nieves Domínguez, Elena Ferro e Jorge Eiroa, e presidido pola deputada de cultura, Natividade González, salienta “a complexidade da súa técnica, o dominio do oficio, o uso dos distintos materiais (madeira e ferro), a complexidade do proceso de elaboración e a estética final da peza”. Destacan que foi feito con forxa tradicional aplicada á coitelaría, soldeo a calda mediante forxa, vaciado e pulido manual.
Agora, seleccionáronse 30 obras de todas as propostas presentadas ao certame, que formarán parte dunha exposición itinerante que se desenvolverá proximamente.