InicioCULTURAA expedicións de Scott & Shackleton na Antártida de hai un século,...

A expedicións de Scott & Shackleton na Antártida de hai un século, na Coruña

Publicada o

Por europapress

O Festival Mar de Mares exhibirá desde este xoves na Coruña a exposición ‘Un lugar frío e solitario. As viaxes de Scott & Shackleton ao Polo sur’, que reúne as fotografías das expedicións á Antártida levadas a cabo polos exploradores británicos Robert Falcon Scott, en 1912, e Ernest Shackleton, en 1915.

A mostra, formada por 22 imaxes, estará instalada na Dársena da Mariña entre o xoves, 15 de setembro, e o próximo 16 de outubro.

Trátase, segundo a organización, dunha das propostas máis rechamantes do festival, “que este ano puxo o foco o océano como escenario de grandes aventuras e que, baixo a lema ‘Colle a onda’, busca celebrar a grandeza que atesouran os mares e concienciar sobre a urxente necesidade de preservalos”.

Xunto a esta exposición, Mar de Mares inclúe no programa deste ano outras propostas divulgativas e de lecer, todas elas gratuítas, e que se concentrarán, sobre todo, entre os días 15 e 18 de setembro. Nesta edición, participarán a exploradora galega Chus Lago e a oceanóloga catalá e especialista en quenllas Gador Muntaner.

ÚLTIMAS

500.000€ para a Vía Ártabra nos Orzamentos da Xunta 2027: “Non dá nin para reactivar o proxecto”

A historia da Vía Ártabra é para facer un libro. Dende 2001 se proxecta...

Inés Rey ve unha “desfachatez absoluta” nos orzamentos da Xunta para A Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "desfachatez absoluta" as partidas...

A Coruña recupera ás “Cigarreiras” da man da Banda Municipal de Música da Coruña e Cántigas da Terra

Presentouse hoxe a xira galega de ‘As Cigarreiras’, o grande espectáculo musical e teatral promovido...