InicioA CORUÑABNG e a edil de Podemos enléanse sobre a negociación municipal

BNG e a edil de Podemos enléanse sobre a negociación municipal

Publicada o

Por europapress

Leas na esquerda herculona arredor da negociación dos orzamentos para 2023. Foi o BNG o primeiro que rexeitou posibles negociacións para as contas do próximo ano se o PSOE tiña en conta á edil non adscrita de Podemos no Concello da Coruña, Isabel Faraldo.

A resposta inmediata da alcaldesa, Inés Rey, foi que rexeita “vetos”, ao que o mesmo voceiro nacionalista Jorquera respondía así: “No concello o único veto foi o imposto polo goberno que ela preside, cando vetou a participación do BNG na negociación dos orzamentos de 2022”, pedindo que as negociacións teén que incluír  “preferentemente”  “aos grupos que asinaron a principio de mandato un acordo de investidura”, afirma sobre a formación nacionalista e a Marea Atlántica.

Porén, Farando cualificou de “antidemocrático” que o BNG cuestione a súa posibilidade de negociar co goberno local coruñés as contas de 2023, tras rexeitar os nacionalistas unha posible negociación con presenza desta e da nova concelleira Susana Soneira, que entrará como independente, en substitución de Claudia Delso, de Marea Atlántica.

A entrada de Soneira abre un novo escenario na posibilidade de negociar do goberno local socialista ao reducirse o número de edís da Marea Atlántica, ata agora socio preferente. Con todo, desde o BNG, o seu portavoz, Francisco Jorquera, puxo en cuestión negociacións con edís non adscritas.

De “ataques torpes e desmedidos”, cualificou Isabel Faraldo a postura do BNG, ao que lembrou que participou na medida da súa “responsabilidade” nas contas de 2022. “Estas declaracións –dixo sobre as realizadas polo portavoz municipal do BNG, Francisco Jorquera– limitan a lexitimidade de dous concelleiros non adscritas”.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña prepara os trámites para a intervención na vivenda tras declararse mercado tensionado

O Concello da Coruña ultima os trámites para actuar no mercado do aluguer tras...

Investigan un aviso de bomba no CHUAC que acabou sendo unha falsa alarma

A Policía Nacional investiga a autoría dun aviso de bomba no complexo hospitalario coruñés...

Xuíces da Coruña rexeitan crear unha praza de Violencia sobre a Muller “a costa” de Instrución

Xuíces e xuízas dos órganos de Instrución da Coruña alertaron de "prexuízos moi considerables"...

O BNG da Coruña pide a cancelación do concerto de Diego ‘El Cigala’, condenado por violencia de xénero

O BNG pediu ao Concello da Coruña que cancele a actuación de Diego 'El...