InicioSOCIEDADEO Chuac realiza un transplante pioneiro a un menor tras dous meses...

O Chuac realiza un transplante pioneiro a un menor tras dous meses conectado a un corazón artificial

Publicada o

Por europapress

Un equipo do complexo hospitalario coruñés (Chuac) realizou o primeiro transplante cardíaco infantil en asistencia ventricular minimamente invasiva de España. Foi, segundo informa, o pasado 7 de setembro, de madrugada, por parte do equipo médico de Cirurxía Cardíaca Infantil do Hospital Público Universitario da Coruña, que levou a cabo con éxito o primeiro transplante cardíaco infantil nun menor con esta técnica.

Desde que entrou en urxencia cero para un transplante, explica o centro, o mozo, de 14 anos, estivo dous meses na UCI conectado ao corazón artificial ata que apareceu un órgano compatible. Deste xeito, o hospital público coruñés convértese no primeiro centro, dos seis de toda España con programa de transplante cardíaco infantil, en abordar cunha asistencia ventricular mediante técnica minimamente invasiva, un transplante cardíaco infantil nun neno.

Esta técnica é utilizada en adultos con problemas cardíacos graves xa que facilita que, á espera dun órgano compatible co receptor, este chegue ao transplante nunhas condicións excelentes. Desde o centro, apuntan que a experiencia en adultos permitiu abordar “esta complicada técnica nun menor, coas máximas garantías”.

IMPLANTE DO CORAZÓN ARTIFICIAL

O implante da asistencia ventricular minimamente invasiva realízase mediante unha pequena incisión na parte lateral esquerda do tórax. A continuación localízase a punta do corazón e introdúcese unha cánula que extraerá o sangue do paciente para, posteriormente, a través dunha punción na arteria femoral, devolvela ao torrente sanguíneo coa presión idónea permitindo unha correcta perfusión dos órganos. “Con este dispositivo conséguese substituír a función do corazón en condicións excelentes á espera da aparición dun órgano compatible”, explica o centro.

PACIENTE DE FÓRA DE GALICIA

O paciente é un mozo de 14 anos de fóra de Galicia que se atopaba de vacacións en Vigo cando sufriu un síncope en plena rúa e foi trasladado de urxencia ao hospital cunha disfunción ventricular que provocou unha insuficiencia cardíaca aguda. Posteriormente trasladouse ao hospital universitario da Coruña para implantarlle un dispositivo de asistencia ventricular que suplise a función cardíaca.

Ao ser un paciente doutra comunidade autónoma, activouse o protocolo do programa ‘Fogar de Corazóns’, financiado integramente pola Fundación María José Jove, que permite o aloxamento dos seus familiares sen custo algún nos hoteis da cidade destinados a tal fin.

Sobre a intervención cirúrxica que finalmente levou a cabo, apuntan que “foi todo un un éxito” polo que dez días despois “o paciente foi dado de alta no hospital realizando o seguimento da súa evolución de maneira ambulatoria”.

ÚLTIMAS

A resaca branquiazul

Celebrou a Coruña, por partida cuádruple, o ansiado ascendo do Dépor á 2ª División....

Olladas doutro tempo: Santa Lucía

A escalinata de Santa Lucía sube dende a avenida de Fernández Latorre ata a...

Un detido na Coruña tras desarticular dúas organizacións que regularizaban fraudulentamente migrantes

Axentes da Policía Nacional, coa colaboración de Europol, desmantelaron dúas organizacións criminais e detiveron a 69 persoas, 35...

O proxecto “Aquí tamén se fala” leva un dos Premio Rosalía de Castro de Lingua

A escritora, sociolingüista, política e profesora Pilar García Negro; o movemento de renovación pedagóxica...