InicioSUCESOSIncendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Publicada o

Por europapress

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un incendio nun piso da rúa das Camelias, no barrio das Flores da Coruña. Na vivenda incendidada non había ninguén no momento no que comezou o lume.

Segundo indicaron fontes do 112 Galicia, o lume comezou sobre as 13.30 horas deste venres e foi unha veciña a que deu a voz de alarma e detallou que había moito fume no edificio. Desta forma, ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros da Coruña, Policía Nacional e Policía Local.

Os Bombeiros da Coruña detallaron que o incendio afectou principalmente o salón dunha vivenda situada no sexto piso do edifición e o fume inundou o resto da vivenda e o canón da escaleira ata a sétima planta.

Así, nas vivendas da sétima planta atopábanse persoas que tiñan fume nas súas vivendas: tres persoas nun piso que foron evacuadas e outras dúas noutro piso que se atopaban ben. Neste sentido, os bombeiros detallaron que na vivenda incendidada non había ninguén no momento do incendio.

 

ÚLTIMAS

O cupón da ONCE deixa 105.000 euros na Coruña

O Cupón Diario do ONCE repartiu 105.000 euros con tres cupóns premiados con 35.000...

O Concello adxudica a xestión da rede de escolas infantís municipais

O Concello da Coruña adxudicou, a distintas empresas, o servizo de xestión do oito...

A Deputación financiará a entidades para impulsar o emprendemento

A Deputación da Coruña publica este martes no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a...

As protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun crú momento de fractura social

Deberían ser tempos de ilusión, coa volta do Dépor á 1ª División. Pero o...