InicioCULLEREDOADEGA pide aproveitar as obras da pasarela para eliminar as comportas da...

ADEGA pide aproveitar as obras da pasarela para eliminar as comportas da “lagoa” de Fonteculler

Publicada o

Por Redacción

A “lagoa” de Fonteculler é unha pequena acumulación de auga creada de forma artificial no paseo da ría do Burgo. Este espazo, que máis ben debería chamarse estanque de Fonteculler, foi construído nos anos 90 ao tempo que o paseo marítimo. Anteriormente, a costa facía neste lugar unha pequena baía moi pronunciada, feito aproveitado para construír o paseo sobre uns diques que a pechaban.

A pesar de ser unha acumulación de auga artificial sen moito sentido, hoxe en día é utilizada por moitas aves para alimentarse e conserva valores ambientais no litoral de Culleredo.

Vista aerea da lagoa de fonteculler
Vista aérea da “Lagoa” de Fonteculler

A situación actual desta “lagoa” é mala xa que entrada e saída da auga da marea faise a través dunhas comportas que se atopan debaixo dunha pasarela de madeira. Unha pasarela que leva varios meses pechada debido ao deterioro sufrido ao longo do tempo, impedindo ademais a libre circulación de animais mariños.

Así, aproveitando as obras de reparación da pasarela para executar accións encamiñadas á renaturalización efectiva este entorno tan humanizado, a delegación de ADEGA na Coruña pide eliminar as comportas da “lagoa” de Fonteculler, no paseo da ría do Burgo, “para que recupere a súa dinámica mareal”. 

Para ADEGA, “a apertura da lagoa supoñería un primeiro paso na renaturalización da contorna e melloraría a conectividade ecolóxica”. I é que “a ría do Burgo nunca tivo tan pouca superficie como na actualidade. Tanto as obras de dragado, como a construción dos paseos marítimos fixeron que xa non exista na actualidade ningunha zona virxe de ribeira. A desaparición de hábitat mariño é a principal causa de deterioro dos ecosistemas litorais, despois incluso da contaminación por verteduras”.

ADEGA-A Coruna pide eliminar as comportas da lagoa de Fonteculler

ÚLTIMAS

As últimas estimacións de voto na Coruña de cara ás Eleccións Xerais do 29N: A loita polo 8º deputado

Hoxe, 19 de novembro é o último día para solicitar o Voto por Correo,...

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...

A Coruña aposta por un Nadal “sustentable e responsable” nunha nova edición da Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here