Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho e o CPR Compañía de María (pode ser que haia máis centros afectados) tiveron que ser desaloxado ao longo da mañá tras recibiren, ao correo electrónico, unha ameaza de bomba.
De contado, activaron o protocolo de evacuación, ao tempo que avisaban ao servizo de emerxencias da Policía Nacional, que despregou un dispositivo acordonando a zona, e inspeccionando cos guías caninos para comprobar se se trataba dunha falsa alarma.

No caso do Zalaeta, rapazada fica esperando polas familias (que xa foron avisadas polo centro a través da plataforma Abalar) nunha zona segura, nos soportais de en fronte ao centro, na Rúa Curros Enríquez.
Así está a situación no Zalaeta:
View this post on Instagram
Así foi o desaloxo no Raquel Caamacho:
View this post on Instagram

