InicioDEPORTES“Hay mucho gol escondido”: a sorpresiva rolda de prensa de Óscar Cano

“Hay mucho gol escondido”: a sorpresiva rolda de prensa de Óscar Cano

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Nin tan morto estaba o Dépor de Borja Jiménez, nin tanta resurrección se viu no primeiro partido de Óscar Cano en Riazor. Así se demostrou a pasada fin de semana en Valdebebas, onde o Dépor caeu con claridade ante o filial madridista.

O cadro branquiazul non dominou en ningún momento ao segundo equipo branco, sufríu un destello de calidade e non conseguíu impor o seu ritmo nin achegarse demasiado á área local.

Unha derrota perfectamente factible, pero o que sorprendeu a tod@s @s afeccionad@s e á prensa especializada foi a rolda de prensa post-partido do adestrador extremeño, o único en toda a vila herculina que quedou satisfeito polo traballo do equipo.

Máis alá de se a súa intención era lanzar unha mensaxe ao vestiario ou á afección (“le doy un 10 a los chicos”) a rolda de prensa estivo chea de frases máis habituais en presentacións poéticas que en roldas de prensa futbolísticas: “personalidade”, “un equipo que non está cohibido”, “mucho gol escondido”, “mucho volumen de fútbol”… deixan un pouso estrano nunha afección branquiazul que tan rápido recupera a esperanza como volve caer no fonda espesura da 3ª división estatal.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...