InicioA CORUÑAA eterna precarización do SAF, o enéximo exemplo da externalización dos servizos...

A eterna precarización do SAF, o enéximo exemplo da externalización dos servizos básicos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A situación laboral das traballadoras do Servizo de Axuda do Fogar define perfectamente o proceso externalizador e precarizador que a Xunta leva realizando durante décadas nos servizos básicos. Servizos tan necesarios como as ambulancias, antiicendios… ou estas traballadoras que “coidan da vida” son externalizados por esa política liberal dunha Xunta que prefire beneficiar empresas amigas que xestionar con orde o noso sistema de benestar.

Ata que estoupan. Así acontece estes meses no SAF de toda Galicia. Dende 2011 leva o convenio colectivo obsoleto ante a pasividade da Xunta. Tras un ano de mobilizacións, non hai moito tempo que a Xunta accedeu a sentarse a negociar un novo convenio coas empresas adxudicatarias e cos sindicatos.

Chegaba a bomba na penúltima semana de outubro. Os sindicatos UGT e CCOO asinaban (non así a CIG, que o rexeitou) un preacordo que apenas blinda unha suba salarial do 1% para os vindeiros 4 anos, cando o IPC ronda o 9%.

Ante esta situación, traballadoras de toda Galicia mobilízanse por acadar un convenio digno con caceroladas por todo o país, como esta celebrada esta semana ás portas do edificio dos Sindicatos.

FOLGA E MANIFESTACIÓN

A CIG, que leva máis dun ano convocando mobilizacións, xa ten convocado folga indefinida a partir do 2 de novembro.

Antes, a Plataforma SAF Galiza convova unha manifestación este sábado 29/10/2022, as 17:00 h en Santiago de Compostela “para berrar ben alto o maltrato ao que nos someten empresas e sindicatos e loitar por un convenio XUSTO e digno para o trabalho esencial que facemos”.

Precarización: Dobre escala salarial

O proceso de precarización deste sector tan tremendamente feminizado vai crear unha dobre escala salarial, con dúas táboas diferenciadas. Isto vai provocar, segundo denunciou a secretaria nacional de CIG-Servizos, que ás traballadoras dun concello, no que non se vai sacar o novo concurso até dentro de dous anos, se lles apliquen incrementos salariais do 1% en 2023 e doutro 1% en 2024, mentres que as do concello do lado, onde liciten este ano, van ter incrementos do 3,15% en 2023 e do 3,15% en 2024. “Unha terá en dous anos unha suba do 2% e a outra dun 6,30%”.

ÚLTIMAS

Tres acusados de golpear mortalmente a Samuel Luiz: de arrepentimento a negativas

Tres acusados de golpear mortalmente a Samuel Luiz, Diego M.M., Alejandro F.G. e Kaio...

A veciñanza do Castrillón pide menos edificabilidade e máis VPO na nova urbanización

Segue a veciñanza do Castrillón moi preocupada pola nova urbanización que vén de aprobar...

Sensación “agridoce” dos mariscadores da ría do Burgo tras unha reunión sobre as axudas pendentes sen representación do Goberno central

O portavoz do colectivo de mariscadores da ría do Burgo, Manuel Baldomir, mostrou a sensación "agridoce" que...

Alegría no Martinete ante o comezo das obras do derrubamento do esqueleto

Antes do previsto, pero semella que as obras do derrubamento do esqueleto do Marinete...