InicioA CORUÑASantiago apoiará finalmente candidatura da Coruña para acoller a sede da Axencia...

Santiago apoiará finalmente candidatura da Coruña para acoller a sede da Axencia de Intelixencia Artificial

Publicada o

Por europapress

Moi galega esa polémica por acoller a Axencia Española para a Supervisión da Intelixencia Artificial vivida nas últimas semanas. Á candidatura da Coruña, que nacía con consenso de todo o país, saíanlle competidores da casa, como Santiago ou Ourense.

Pero finalmente parece que Santiago apoiará a candidatura galega para acoller  porque “a unión dos activos de ambas as cidades fará que realmente A Coruña compita”.

Así o anunciaba onte o alcalde santiagués Xosé Sánchez Bugallo, que participou de forma telemática tras dar positivo en covid-19, fixo pública unha decisión “unánime”. “Como capital de Galicia temos o deber de apoiar a candidatura de Galicia e, aínda que discrepamos nos criterios que se empregaron para tomar esa decisión, nós non imos debilitala, imos colaborar con ela”, esgrimiu.

ÚLTIMAS

Comunitaria pon á vivenda colaborativa como unha alternativa real

Fan falta iniciativas singulares para que a sociedade poida enfrontarse á crise da vivenda,...

A artista herculino-muxiá Viki Rivadulla trae as súas Mouras á Normal

Coa ilusión de volver o seu berce, Viki Rivadulla leva a súa exposición "Onde...

Axudicadas as obras para a creacións das sendas peonís e ciclistas de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vén de adxudicar un contrato de 5,3...

A metrosidero morto, aciñeira posta

Así ratificou o Concello a morte do exemplar de metrosidero que levada máis de...