InicioA CORUÑAAs tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Publicada o

Por Redacción

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de dinamizar e promocionar a oferta turística gastronómica da cidade, o sector hostaleiro poñendo e os productos de tempada e proximidade. Dende esta fin de semana e ata o vindeiro 29 de novembro,  22 locais que compiten con 25 elaboracións nas dúas modalidades deste certamen gastronómico. Na web www.tapaspicadillo.es figuran polo miúdo as 25 tapas do concurso cunha breve referencia ás características da súa elaboración e ingredientes, así como os horarios de degustación nos locais participantes.

Esta iniciativa non deixa de ser unha homenaxe anual á figura de Manuel María Puga y Parga, coñecido por todos como alcalde Picadillo. As receitas do seu libro ‘A Cociña Práctica’, inspiran hoxe este concurso de tapas que se celebra na cidade para por en valor a cociña local e, ó tempo, impulsar o turismo gastronómico nunha das épocas do ano (antesala das festas do Nadal) que xunta máis clientes nos locais  hostaleiros da cidade.

Repartiranse por todos os locais e lugares de pública afluencia os folletos das 4 rutas de tapas ao obxecto de propoñer un plan de paseo pola cidade coas fotos das tapas e a ubicación dos locais. Durante 10 días, os establecementos participantes terán a disposición do público as tapas do concurso: 11 na categoría de Tapa Recetario Picadillo e 14 máis na de Tapa Creativa.

Este ano, ademáis dos premios en metálico (1.000 euros en cada categoría), os gañadores das mellores tapas terán a posibilidade de realizar un curso de cocina innovadora no Basque Culinary Center de San Sebastián, valorado noutros 1.000 euros. H

Espazos participantes:

1. La Cuchara Veggie
• Bomba Picadillo de pataca, grelos e monte.
• Falsa vieira de cogumelo, coliflor e algas.

2. O Dezasete Taberna
• Mexillóns en escabeche á nosa maneira
• Polo ao curry con arroz, tartar de piña- mazá e espuma de coco.

3. Cosecha 81
• Sabor outoñal

4. The Breen’s Tavern
• Radiatori a la calabaza

5. Central Park
• Chula de papada e orella.

6. Roots
• Octonauta

7. A Parva
• Bánh mí dunha horta de aquí

8. Gatopeixe
• Álbóndegas á mexicana.

9. Arraigo
• Empanada de guiso de xabaril

10. O’ Sampaio
• Pai e Nai

11. Ola Bar
• O noso taco de zorza

12. Olimpia Bar Coruña
• Cañita Olimpia

13. A Sella Cervecería
• Bacallau á coruñesa

14. O Guindilla
• Crocante de mexillón ao vermú

15. Fu – Bandejas y tapas
• Tenrura
• Tolerencia

16. Bodega Órdenes
• Carrilleiras en salsa de pataca guisada e codias (cortezas)

17. La Parda
• Bikini de lacón con grelos

18. Bar Quintela
• Crocante de bosque

19. Donaya Market
• Crispy Arzúa

20. Ajetreo
• Croqueta de mazá verde con mermelada de tomate e foi de pato

21. Ultramarinos Galera
• Calamar recheo

22. Bocca
• Saltimboca de carrilleira

Máis novas

O Día do Libro celébrase co 150 aniversario de Picadillo, o gran supervendas da cociña

Premiados 2025

O Bar 23, La Sifonería e o Bodega Órdenes, os gañadores dos Premios Picadillo

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

Rapahel suspende o seu concerto minutos antes de comezar a súa actuación na Coruña

Raphael suspendeu o concerto previsto para a noite do sábado, 21 de novembro, no...

Ferido grave un mozo de 18 anos tras ser atropelado por un coche no paseo marítimo

Un mozo de 18 anos resultou ferido grave na Coruña tras ser atropelado por...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here