InicioA CORUÑAOs traballadores de Nostián maniféstanse por un convenio "digno"

Os traballadores de Nostián maniféstanse por un convenio “digno”

Publicada o

Por europapress

Os traballadores e traballadoras da planta de tratamento de residuos de Nostián (xestionada pola UTE Albada) realizou unha manifestación esta mañá de venres, unindo as oficinas da Concellaría de Medio Ambiente, na Casa da Auga, ata a praza de María Pita. Fixéronno demandando un convenio colectivo “digno” e reclamándolle ao Concello da Coruña que publique “dunha vez” os pregos para o novo contrato.

Os traballadores levan cos salarios conxelados desde o ano 2012 e coas condicións laborais e sociais “recortadas” desde a caída do convenio colectivo o 1 de xaneiro de 2020.

Tamén acusou á empresa de “dilatar as negociacións para deixar sen efecto o convenio, aproveitándose das facilidades da reforma laboral do PP”, pero esperan que na reunión convocada do vindeiro 17 de novembro sirva para desatacar a situación.

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...